Era visto...Evaristo

  Eu non son de meterme moito en política nin cos políticos. Pero cando se me ocorre algo fago unha viñeta ou unha frase e mándoa ao Facebook.
  Unhas veces métome con Feijoo, outras con Zapatero, con Rajoy, con Sánchez... e, como non, co noso alcalde Evencio.
   Lémbrome dunha viñeta. Foi Feijoo visitar un instituto e di a profesora de física:
  - Manuel! Fálame da gravidade de Newton.
  - Señorita, como lle vou  falar se nen sequera sabía que estivese enfermo.
  - Dáse de conta, Sr. Feijoo, o que son os recortes?
  - Non sabía que os recortes en sanidade tiveran que ver coa saúde deste señor.
  Cando vin o sinal de 20 diante da igrexa fixen esta. Eu chamando a Radio Voz falando co alcalde:
  - Sr. alcalde: o outro día ía eu a 20 e adiantoume unha tartaruga. Multarana?
  - Dáme a matrícula.
  O día despois das eleccións mandeille unha mensaxe ao Sr. alcalde:
  - Sr. alcalde: é imposible acadar tantos votos facendo campaña a 30 por hora. Vostede tivo que andar a 200.
  Eu vin avisando que ía  pasar o que debía pasar. Era visto... Evaristo. Onte ás vinte horas un peón atropelou un coche. O coche, un Opel Astra con matrícula 4654 BCD, está ingresado na unidade de coidados intensivos de Talleres Ledo.
  Que conste que lle teño moito aprecio a Evencio e el a min... tamén mo tiña.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo