Practicamente todo Sofán e moitos do concello de Carballo coñecemos a Evaristo do Ferreiro. Sabemos que facía gaitas e era gaiteiro. Sabemos que canta nunha coral. Sabemos que era taxista. Sabemos que ten un museo de radios antigas. Pero poucos saben que, ademais de ser do ferreiro (seu tío, seu avó e seu bisavó eran ferreiros), el tamén foi ferreiro.
Non era un mestre templario pero era un mestre do temple, pois amornaba o aceiro como ninguén. Facía ghavillos e apuntaba as picarañas dos peóns camiñeiros.
De todo isto lembreime unha noite de verán que nos agasallou o mes de febreiro. Unha noite de super-lúa.. Vin a Evaristo do Ferreiro dándome as costas e contemplando o ceo. Quíxenlle pór medo. Toqueille o ombreiro e nin se inmutou:
- Pensei que che ía pór medo, Evaristo!
- Aos meus 85 anos non lle teño medo a nada. Xa ves! Podías ser a da gadaña e nin me decataba.
- Pois eu téñolle medo a todo. Ata llo teño aos ratos e aos malos ratos.
- Contemplas a super-lúa?
- Si. Parece mentira que estivésemos alí a 364.000 quilómetros. O que é a tecnoloxía!!
- Vós os ferreiros sodes a hostia!!
- E non volvemos desde mediados dos setenta do século pasado. Nin os americanos, nin os rusos, nin os chineses, nin os galegos. Será moi caro ir alí?
- Non ho!! Non debe haber petróleo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario