Ceas-baile

  Lémbrome dunha voda á que fun fai uns anos. Na miña mesa estaba un home, que cuns cantos viños, dixo:
  -É ben fea a noiva!!
  E unha persoa, que oíu, replicoulle:
  -Un pouco de respecto; é miña filla!!
  -Vostede perdoe; non sabía que era seu pai.
  -Non son seu pai, SON SÚA NAI!!
  Fai anos tocaban a tres ou catro vodas ao ano, agora unha cada tres ou catro anos.
  Nas vodas pásase moi ben;  comes sete comeres, bebes sete beberes e despois a bailar. A min gústame bailar, pero non me gustan as verbenas. As orquestras son espectáculos, pero para ver sentado. Entre canción e canción pasa moito tempo. Cancións bailables cóntanse cos dedos dunha man. Se queres sentar e tomar unha copa nun bar ou nunha cafetaría é imposible, pois están ateigados. Menos mal que inventaron  as ceas-baile; comes ben e por 25 ou 30 euros tes música bailable cen por cen. Se te cansas, sentas, se queres tomar unha copa, tómala. 
  Eu este inverno fun a un montón delas. Así o inverno lévase moito mellor e parece máis curto. Agora vén o tempo das verbenas e toca descansar ata o vindeiro outono. Espero que teñamos un tempo como o deste inverno pasado. Aforramos en gasoil, aforramos en leña, en gas... e lástima que tamén aforramos en augardente.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo