O lixo

O outro día mirando pola fiestra vin como os recolledores do lixo valeiraban un contedor amarelo(plástico, brik e latas) no contedor dos orgánicos. Fun a xunto eles e cuestioneinos. Dixéronme que o contedor amarelo estaba contaminado, que tiña un pneumático.
Eu recollo de 6 a 8 bolsas diarias de lixo  para reciclar e vexo; no papel plásticos, no dos plásticos papel e mondas de froita . Igual a xente pensa que as mondas son de plástico. Nos orgánicos hai de todo. Que fago? Están todos contaminados!!!.
Nos meus tempos sí que se reciclaba. Ías a taberna e decías : Pura dame un cuartillo de viño, pero levabas unha botella de gaseosa, que de antemán pagaches, e cando a querías rescatar devolvíanche o que pagaches por ela. As vendedoras de peixe usaban períodicos. Endexamais estivemos tan culturizados. Doíache a testa e ías a taberna a mercar un Optalidón, unha Cafiaspirina ou un Okal( quen non se lembra da canción de Cañita Brava:" Okal, okal o caldo de Carmiña sabe mal") Había todo tipo de pílulas nas tabernas. A que non había era a pílula do día despois, pero había o prohibido condón do día antes.
Non fai moito fun ao Gadis a mercar entre outras cousas unhas culleriñas do café. Son miúdas e caen polos buratos do carro, así que collín unha bolsa da froita. Metinas dentro. Cheguei a caixa e menuda bronca me meteron "As bolsas da froita son para a froita" Eu díxenlle: Ou sexa que se eu merco unha uva teño dereito a contaminar , mentras que se merco 4 ducias de culleriñas son contaminante?.
 Este día collín unhas culleres mais grandes e pasáronme desapercibidas, nin as vin eu , nin as viu o caixeiro. Atopeinas cando cheguei  ao coche. Non volvín atrás, pero xa as pagarei a vindeira volta que vaia. ( se as metera nunha bolsa vías).
Pero o colmo dos colmos foi antonte. Ía eu andando polo meu percorrido diario e ao lonxe vin a Francisca con 7 ou 8 cousas nunha brazada. Saía do super. Cruzou a estrada e caéronlle as cousas e ela caíu. Vin un coche aló por Vioño. Francisca por aforrar o cinco céntimos da bolsa, por que se esquecera dela, levou as cousas nunha brazada. Xa sabedes que os pensionistas por cinco céntimos matan. Un coñecido meu, que é pensionista,  foi ao médico e díxolle:" Doutor, doutor recéteme algo, que teño a pensión moi baixa". Total que púxenme a correr para axudala e chegou o Anxo da Guarda e entre os dous axudamos a levantar a Francisca e a recoller as cousas antes de que chegara o coche. Anxo é un veciño meu que veu da Guarda. Os sete ou oito paquetes que levaba Francisca tiñan polo menos 300 gramos de plástico e todo por cinco gramos de plástico da bolsa!!!. Ver para crer!!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo