75 aniversario

Pasamos por el portal, pisando unha alfombra azul. Nos recibieron un grupo folclórico y dos azafatas, vestidas de corto y de azul. En el jardín había un 75, donde nos hicimos unas fotos. Un poco más adelante, nos recibieron los miembros de la familia y camareros con unas copas. Nunca me trataron tan bien. Aun estoy extasiada.
Esto contoumo María, unha compañeira de traballo. E dinlle a razón. Eu cando vin aquelas azafatas vestidas de corto e cor Calvo, díxenme :"E logo eu non podía traer un vestido así; pois teño unhas pernas moi bonitas".
Todo o mundo coas súas millores galas. As mulleres todas guapreciosas. Os homes, todos bonitos; eu diría atúns. Tal era tanta beleza, que no cumio, no cenit de tanto esplendor, díxolle un home a a unha dona:" Cando vaias para o ceo, estou seguro que Deus vaise a namorar de ti."
Tomamos o aperitivo a base de pinchos varios, e escoitamos un grupo de jazz e os discursos. Chano moi emocionado e falando en galego, fixo que a súa emoción fixera do seu discurso unha perfección. Chicha, super-simpática, como  só sabe facer ela. Emocioneime moito, cando nomeo a Máximo Aguiar. Chicho estivo mais  sublime ca nunca. E gustoume moito o detalle de Marta lembrándose da nosa Titi(Chicha). Seguimos pola alfombra cor Calvo ata o comedor, un comedor a carón de unha piscina impresionante. Unidades de decenas de camareiros tiveron ansia de nós, sempre pendientes de nós, por si nos faltaba algo. Viño do millor, tanto branco coma tinto, Trouxéronnos un prato con catro cigalas, super-frescas e con sabor a mar. De alí a pouco pasaron os camareiros con fontes a tope de cigalas, para repetir. Preguntáronlle ao do meu carón, despois de botarlle outras catro, se quería mais, e díxolle:"Para, non me botes mais!!" Chegaron a min e díxenlle" Eu non che vou a mandar parar, fai o que queiras!!" Contestoume:"Ata un quilo, teño permiso" Enchiume o prato.
Mirei para o coitelo e pensei:" Esta ferramenta non serve para cortar a carne" Aquela carne cortábase co garfo, de tan tenra e saborosa que estaba, parecía manteiga. As patacas divinas. A sobremesa exquisita e deliciosa. O ambiente do millor. O baile. O bufete. Todo perfecto. Xa estou contando os días, as horas, os minutos, os segundos, os terceiros que faltan para o centenario. Espero que os membros da segunda xeración me inviten.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo