Tres cuartos de século

Fun á entrega da medalla de ouro, que lle concediu o concello de Carballo ao Grupo Calvo, por a súa labor de mecenazgo e de compromiso co concello, sobre de todo no ámbito deportivo. A ceremonia estivo moi ben levada pola conductora. O salón estaba ateigado de xente, incluso sentada nas escaleiras. O evento foi amenizado por Uxía e por Narf. Cantaron o xusto e moi ben. Decateime do nome de Narf, cando dixo que coas letras de Galiza pódese facer a verba cigala, e con Mozambique, zemambico, título dunha canción que cantaron. Nese intre decateime que Narf é Fran do revés.
Moi emotivos os discursos do alcalde e do presidente do Grupo Calvo. Os vítores e aplausos do final, dignos dun gran concerto.
Saín para fora, con idea de ir para a casa, e atopeime con Gonzalo Anido. Saudámosnos e díxome:
-Tes que facer unha historia deste evento.
-Non che teño moitos argumentos. Só, que eu sempre pensei que o noso alcalde apellidábase Ferrero Rocher e resulta que é Ferrero Rodríguez. 
Estivemos falando do ben que estivo o acto e Gonzalo dixo:
-En pouco tempo a familia Calvo fixo un imperio.
-O imperio del sol naciente!
-Non ho! O imperio da rúa Poniente!
-Sabes que a miña avoa e mais o meu avó traballaban en Hijo de Calvo J. cando tiñan unha empresa de coloniales e cereais. Meu avó foi un dos primeiros traballadores de Conservas Calvo. Nos ano trinta Carballo era un concello con actividade e producción agraria. Tiña sobre 14.000 habitantes e era productor de cereais, millo, fabas, madeiras e gando porcino. A Carballo viñeron a parar moita xente da Maragatería, os Calvo entre eles. E pensando un pouco ti tamén eres descendente deles González-Botas  Herranz.
-Pois si!
-Contribuistes ao desenvolvemento e prosperidade do concello, grazas aos maragatos, as colleitas foron moito mellores, pois non había tantos ratos. E grazas a vos, Carballo pasou de ser un concello agrícola a ser un concello industrial.
Pois xa vedes, paseniño a paseniño fixen unha historia. O mais difícil foi atoparlle un título orixinal. Tres cuartos de século!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo