Vivir Calvo


Estaba Luis Cerviño pintando unha parede e cantando Angelitos Negros, movendo a brocha ao ritmo lento da canción. Veu por alí alguén da familia e díxolle:" Por que non cantas un rock and roll Luis?
Esta anécdota contáronma fai moitos anos. Esto da a entender a familliaridade que había e que hai nesta multinacional-familiar, que este ano cumple 75 anos. 75 anos dinse pronto, pero son toda unha lunga vida. Preguntarédesvos que fai unha fábrica de conservas no interior? Don Luis Calvo Sanz dixo:" Se os camións de peixe pasan por diante da fábrica, por que non?" Foi o inventor da primeira empacadora de Europa, primeiros en usar lata redonda en conservas, tamén no pack de tres foron os primeiros. E loxicamente, coa súa publicidade puxeron de moda aos calvos.
Preguntarédesvos quen son eu? Eu son un capricho dunha pala-excavadora nun desmonte, situado ao carón da Sala de Festas a Revolta. Din que me parezo a Benito Perez Galdós no billete de 1000 pstas. E na miña cualidade de escritor fago esta historia.
Dende a miña posición ocular e auricular fun testemuña das noites de sábado e das tardes de domingo deste pazo das festas. E tamén son testemuña do vaivén de camións no negocio de enfrente. Lémbrome de cando Daniel Porteiro prantou as árbores, que forman unha das carballeiras mais preciosas que endexamais vin. Lémbrome das inundacións, cando unha persoa da familia foi en zodiac filmando todo o sucedido. Lémbrome dun boneco de neve, feito por alguén da familia, un dia de nevarada. Lémbrome do Depor de Arsenio, que veu a facer a pretemporada ás instalacións Calvo, pouco antes de ser o Superdepor. Lémbrome dos concursos hípicos. Lémbrome dos campionatos internacionais de fútbol . E lémbrome que Calvo, dende fai moitos anos é o patrocinador de, practicamente,todas as disciplinas deportivas, habidas e por haber, de todo Carballo. E por certo, tamén me lembro dos mellores Beléns da bisbarra, que alí se fan.
Formar parte da familia Calvo é un modo, unha maneira de vivir. Eu chámolle vivir Calvo, de feito, eu como mirador-olleador  vivo Calvo dende fai moitos anos.
Se alguén non desmonta o desmonte, aquí estarei para facerlle unha historia ao centenario.  Tede un moi bo aniversario!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo