Tres cafés ao día

Unha señora foi ao médico:
-Doctor cada vez que tomo un café sinto unha punzada nun ollo!
-Probou a quitar a culleriña da cunca?
Quitando a culleriña o café e un gran estimulante. Eu mentres non tomo o café non son ninguén. Adoito a tomalo canto antes. O sr. Cerciello, meu xefe en Nápoles, tamén se espertaba con un café. Ainda que ao principio costoulle. Cando empecei a traballar alí, díxome:
-As sete da mañá espertame con un café expreso sen azucre. O primeiro día esperteino e deixeillo enriba da mesiña de noite. Cando fun a arranxar a habitación, o café estaba intacto.
Ao outro día igual. Despois de varios días decidín porlle unha cullerada de azucre. Tomou a metade e así pouco a pouco fun facendo que tomase o café. Sete culleradas lle botaba!! Había que ver aquela cunca o limpa que estaba!!
As excelencias do café empezaron na Idade Media en Abisinia, no corno de África. Un pastor viu como a súa cabra colliu enerxía e púxose a saltar e a brincar como unha tola despois de comer unhas bagas de unha pranta. Comiunas el tamén, e tamén recobrou vigor. Levou aquelas bagas a un mosteiro e os monxes non lle fixeron caso, e tiráronas no lume, e as bagas  desprenderon un agradable aroma. Foi así que empezou a historia do café.
O café é moi beneficioso para a saude:
-Aumenta a memoria.
-Prevén a depresión.
-Axuda a perder peso.
-Reduce a posibilidade de diabete nun 50%.
-Aumenta a enerxía e fortalece a resistencia.
-Prevén o parkinson.
-Impide a gota.
-Ten mais antioxidantes ca ningún vexetal.
-Prevén o cancro de mama.
-Reduce o risco de cancro de próstata.
Xa vedes! con dous ou tres cafés ao día e un pouco de alegría aumentaredes a vosa calidade de vida.
E como mostra un botón: Este día fun a tomar un café ao meu bar de costume, e había un camareiro novo:
-Posme un cortado.
O camareiro colliu un coitelo e puxo debaixo do chorro do café.
-Aqui ten.
Rímonos e díxenlle.
-Ti eres dos meus!!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.