Xelo

"Nos Xogos Olímpicos de México, no lanzamento de martillo, participou un español. Acadou unha fazaña extraordinaria, lanzou o martelo fora do estadio. Os xornalistas rodearono e preguntáronlle, como era posible aquel lanzamento.
- Foi moi doado!! e se chega a ser un pico ou unha pala mándoos fora de México."
Este conto contouno Pepe da Brea na hora do bocadillo, alí diante do taller en donde traballaban. Xelo de Calvelo, para non ser menos, contou outro.
"Foi un americano de safari a Kenia. Baixou do avión e enganchouno un nativo:
-Vostede quere un gorila para levar para a casa?
-Non ho! eu confórmome cunha foto ao seu carón, loxicamente unha foto-montaxe.
-Pero é que así ninguén lle vai a crer que estivo en Kenia!
-Non me importa.
-Pero como vai a ir para a casa sen gorila, levaos todo o mundo.
-Que é o que teño que facer?.
-Fágome eu cargo de todo. Precisamos un can gorilero, que costa 20.000 dólares.
-O que!! Toleaches?
-Se quere o gorila...Precisamos tamén un rifle último modelo con mira telescópica e costa 30.000 dólares.
-Ti estás tolo!!!
-Se quere o gorila...
-Pero é que eu non o quería.
-Bueno non se poña así. Fainos falta tamén unha rede, pero esta poñoa eu gratis.
Voulle a explicar o plan: vamos a selva. Así que atopemos un gorila, eu asusto, pois son mais feo ca el, e el marchará correndo e subirase a unha árbore e eu subo detrás. Vostede mova a árbore, e cando caia o gorila, o can mordelle as súas partes e vostede bótalle a rede, e xa temos o gorila.
-E para eso mándasme mercar un rifle de 30.000 dólares??
-Verá! é que a veces en vez de caer o gorila caio eu, e o rifle é para que vostede mate ao can."
Puxéronse  a rir e nese intre pasou por diante do taller a mestra Maruxa. No seu tempo de recreo foi a dar un paseo. Era o seu primiero día de traballo na escola.
A Xelo subiuselle unha cousa por el arriba e rapidamente foi a donde a mestra e díxolle:
-Hola guapreciosa!! A que nunca che dixen que tes uns ollos moi bonitos.
Maruxa, que efectivamente era moi guapa e tiña uns ollos preciosos, dixo:
-Grazas polos piropos.
-Non son piropos é a auténtica realidade. Fai tampo que estou enamorado de ti. E tiñagañas de coñecerte. Sabía que existías, e por fin te atopo.
-Eres moi galante e moi simpático.
Si. Así era Xelo. Era simpático, estaba sempre contento, alegre, sempre de contos e xogando coas palabras para facer chistes.
Maruxa no recreo adoitaba andar e continuou a pasar por diante do taller. Xelo acompañabaa un pouco e fóronse facendo amigos. Un día atopáronse na sala de festas A Revolta e el díxolle.
-Queres sair comigo?
-Perdoa Xelo, esquecinme de dicirche que eu teño mozo.
A Xelo veuselle o mundo encima. Virou encarnado, pero sobrepúxose e repuxo:
-Que traballo che costa muller??Saimos xuntos a fora e tomamos algo na cafetaría e despois volvemos a entrar.
Maruxa riuse da ocorrenza de Xelo.
Pero el non volviu a estar diante do taller cando ela pasaba. Maruxa preguntábase o por que.
Un domingo de feira, case que chocan de fuciños.
-Que che pasa?Por que escapas de min? Estás enfermo?
Xelo puso a súa man dereita no seu peito ezquerdo e asentiu. Con sumo esforzo e pechando os ollos:
-Prometinme a min mismo que te ía a mirar cos ollos pechados, a falarche coa boca pechada, e o mais que acado é a mirarte coa boca pechada e a falarche cos ollos pechados.
-Eu teño mozo. É bancario, con el tería a vida resolta, pero ten moitos defectos; é impuntual, esquece as datas, non é romántico, non é simpático...todo o contrario de ti. E estou nunha encrucillada. Dame uns días para pensalo. Se dentro de un mes, paso por alí e abro os brazos, quere dicir que ti eres o elexido.
Pasou o mes, Maruxa foise cara a Xelo cos brazos abertos. Xelo corriu cara ela e fundíronse nunha aperta e díxolle aos seus compañeiros:
-Se pregunta o xefe por min, dicídelle que estou no asiento de atrás do meu coche e que tardarei cinco minutos.
-Tonto!! Eres incorrexible.
Casaron. Foron de luna de miel e a fatalidade quixo que tiveran un accidente, culpa de un energúmeno que se saltou un stop.
Maruxa non o pode contar e Xelo tampouco, pois, ainda que saiu ileso, morriu por dentro. Voltouse huraño, taciturno, amargado e triste. Intentou afogar as súas penas en alcohol, pero estas sabían nadar.
Alistouse na Marina, para desaparecer de Carballo. Todo lle lembraba a Maruxa.
Na Marina chegou a cabo. Chamábanlle o cabo mudo. E cando se licenciou, fixo oposición a fareiro. Aprobou e tocoulle o faro da illa de Santa Uxía. 
Acostumbrouse a estar só, só coma o seu faro, nunha illa soa, nun mar só. E cando alguén visitaba a illa, enfadábase. Cando lle preguntaban: onde queda a praia Maior? a onde se vai por este camiño? por onde se pon o sol? Sempre as mesmas preguntas. Sempre a dar por atrás!!
Un día unha dona preguntoulle:
-É vostede o fareiro?
A Xelo , cando viu aqueles ollos, aquela beleza, apareciulle un soriso na faciana. Subiuselle unha cousa por el arriba...
-Si! son eu. Como se chama semellante beleza?
Chámome Carmiña e son biologa. Teño que facer un estudo da flora e da fauna desta illa. Se me poideras facer de guía?
-Como si! digo como non guapreciosa. A que nunca che dixen hoxe que tes uns ollos moi bonitos?
-Pois non, hoxe non!
Foron inseparables neses vindeiros días. El a facer de guía e ela tomando apuntes. Xelo voltou a ser o simpático, o alegre, o divertido...Carmiña tamén era moi simpática e ocorrente.
Un día Xelo dixo:
-Queres sair comigo?
-Non podemos sair, pois estamos fora. Pero podemos entrar no teu faro.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo