Xefe de mercas

Un quinto domingo do mes, en Carballo. Feirón. Fun a dar unha volta pola feira. E de chiste pregunteille a unha señora.
-Canto costa esta restra de allos?
-Vinte pesos.
-Eu doulle cinco pesos!!
E a moi vella aceptou. Eu son de palabra! e merqueille os allos. Aló se foi o orzamento daquel domingo. Quedeime sen cine, sen bocadillo de chourizo con queixo, mortadela, xamón e anchoas, e o peor sen as miñas dúas cervexas.
Con esta experencia mercantil, fun a traballar a Nápoles de maiordomo, de maiordomo dunha casa de señores. Os meus traballos eran limpar, de camareiro, xefe de mercas e tamén de chofer. Cando empecei avisaronme que Nápoles era unha cidade sen lei:"Quítate cadeas, crucifixos, aneis e reloxos, pois pódente matar para roubarchos. E endexamais fagas stop nun semáforo vermello, pois danche por atrás. Ti tira para diante, que non pasa nada!!" 
 Si!, é coma naquel conto, que van dous amigos nun coche, nun semáforo en verde o conductor para, e dille o copiloto.
-Para que paras se está en verde?
-É, que teño un curmán que sempre pasa en vermello e teño medo que pase por aí.
Pois si! eu era xefe de mercas. De feito felicitáronme o primeiro mes.
-Fai dez anos que non gastamos tan poucos cartos coma este mes. Moitos parabéns!!.
Endexamais lle dixen que os comerciantes ofertáronme inflar as contas e repartir a diferenza. Endexamais aceptei semellantes amaños.
Viñen para Carballo e montei unha empresa. Loxicamente tamén fun o xefe de mercas. Para ser xefe de mercas, tes que saber lidiar cos vendedores  e que os vendedores non te lidien. Como  mercador permítome certas licenzase fago bromas cos vendedores. Un 14 e Febreiro nun centro comercial, con  música ambiental de boleros, animándote a mercar un regalo para a túa parella. Vin un montón de coliflores nun andel a un euro. Vin outro andel con coliflores temén a un euro, e díxome unha dependenta.
-Por que non lle levas unha coliflor a túa dona?
-Non grazas!
Volvín a atopar outro andel con coliflores a un euro.
-Por que non lle levas unha coliflor a túa muller?
-Pero vamos a ver!  Hoxe é o día dos namorados! Tereille que levar unha flor non unha coliflooor!
Dalí a uns días a mesma dependenta miroume con mala cara e díxome.
-Queres levar unha piña??
-Pero eu a ti que che fixen??
Este día na pastelaría había unha señora diante de min e dixo.
-Tes unha tarta de millo de onte?
-Non señora! Son todas de hoxe!
-Pero é que eu quería unha tarta de onte!
-Pois non as hai!.
Eu metinme na conversa e díxenlle.
-Mellor que sexa de hoxe!!
-E que a meu home gústanlle do día anterior.
-Pero lévella hoxe e déalla mañá!
E contestoume a vella toda seria.
-E que as tartas do día anterior véndenas a metade de precio!!
A vella si que valía para xefe de mercas! A min endexamais me venderon unha tarta do día anterior pola metade de precio!!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo