O sinal

Gumersindo da Rachola ía facendo o seu percorrido diario, e cando pasou por diante da igrexa, pensou nas poucas veces que nela entrou, e ata se lembrou da última. Non é unha grata lembranza!Pois iso, quedouse mirando para o edificio relixioso e non se decatou dun sinal, que na beirarúa estaba, e batiu coa testa na parte de abaixo. Debéronlle baixar o sinal, ou el dar un estirón, pois pasara mil veces por abaixo do sinal. Espertou de alí en quince días nunha habitación do CHUAC. Na súa habitación tamén estaba ingresado o cura de Sofán.
-Lémbraste de min Gumersindo?
-Si Don Antonio! Paso por diante da igrexa todolos días.
-Pero non entraches dende aquela vez!Viñeches a confesar. Pregunteiche os teus pecados e ti non querías dicir nada:
-Fala fillo fala! Estás falando con Deus.
-Eu digo moitos pecados, non obedezo aos meus pais nin aos meus avós, e...
-E que?
-Nada, nada!
 -Cóntame, lembra que estás falando con Deus!
-E que eu cando boto un peido digo:Para o cura!
-Bueno agora vas para a sancristía e rezas 20 Padrenuestros e 40 Avemarías, e despois vas para fora e botas un para ti e outro para o Deus que te fixo! Ríronse da anécdota e Don Antonio púxose pálido coma un morto e pregoulle a Gumer:
-Estou a morrer. Tesme que confesar e darme a extremaunción!
-Pero Don Antonio eu non sei!
-Non me negarás isto no meu leito de morte?
Nisto que se sentiu un ruído, un ruído enorme, un ruído coma un trono. E Don Antonio recuperou a cor na faciana. Era un ataque de gases. Don Antonio, con un soriso dixo:
-Para ti!!!
Perdoade esta historia escatóloxica, pero este conto contábamo meu pai cando eu era un neno, e non puiden facer a menos de inspirarme nel para facer esta historia. Expulsar gases é natural, e nós,os galegos, que temos un idioma moi expresivo, temos que presumir. A verba peido quere dicir algo consistente, real, verdadeiro...en cambio en castelán, pedo, é coma que non é, é unha insignificancia, unha nadería...E cando un peido é un pouco mais grande, dicimos:" Que PEIDAZO!pero en castelán din pedazo. pero digo eu :"Pedazo de que?

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo