A festa da empresa

Tiven un mal día. Non tiña moita gaña de ir a cea da empresa, pero dixen que ía a ir e fun. Sonche de palabra!! Animeime a ir, pola actuación das Cantareiras de Ardebullo (según elas o concello de Ardebullo está entre os concellos de Carballo, Laracha e Cerceda). Gústanme moito e díxenme :
-A ver se bailo con elas!!
 Pero non puido ser, pois actuaron antes da cea.
Tocoume un posto lonxe da súa actuación, e dada a miña sordeira, fixen fatiga a escoitalas. Sei que viñeron nun Vespino( supoño que era capotable, pois co que chovía non estaban moi molladas!).Tamén dixeron que Carballo ten de todo, menos o Corte Inglés. Alguén díxolles :
-Tamén o temos! e logo a feira?. As cantareiras foron as encargadas de facer un sorteo de varios regalos. A min tocoume facer Una crónica de una fiesta anunciada, e aquí estou!
Ceamos, tomamos café, uns chupitos e contei un conto; díxolle un home a súa muller .
 -Quéresme moito?
 -Si ho! querote moito.
 -E se me pego un tiro, sentiríalo?
 -Si home! non estou xorda!
Pidíronme un bis e ...:
Estaba un home tomando café e dixo:
 -Colón descubriu América no ano 1492 e nese mesmo ano os Reis Católicos expulsaron ao moros da península...teño que deixar de tomar café!
E dixo un compañeiro:
 -E logo?
 -Non ves que me pon histórico?
Cantei unha canción de Carlos Díaz O Xestal, pero non me pidiron bis.
Había un foto-matón. Unha especie de cabina, na que a xente se disfrazaba con gafas grandes, sombreiros, collares, perrucas...e quitábanlle unha foto. Fai uns anos que as fotos non se ven en papel. Moito ordenador, móbiles, cámaras fotográficas...moitas modernidades, pero poucas fotos xenuinas, as que quere miña nai:
 -Eu quero velas, palpalas, cheiralas, barallalas...
E co foto-matón volvemos ao papel.
Soou a música e quitei a bailar a Fina. Fina sabe deixarse levar e díxenlle:
 -Que ben lle damos a chapata!
 -É unha bachata ho!
 -Sonche cousas do directo!!
Ao principio do baile había bastante sitio, por que os cubatas servíanos en vasos de tubo; pero cando os serviron en copas-balón xa se reduciu o espazo de baile.
En definitiva, ben!Paseino ben, Pasámolo ben! A plana maior coa menor. Os altos e os pequenos eran da mesma altura. Os delgados e os gordos eran da mesma talla. Os guapos e os menos guapos eran da mesma beleza...
Xa sei que esta historia non é a Divina Comedia. Nin eu son Dante, pero a que son un comediante?

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo