Sofán, capital de Sofandia

Son o presidente da asociación de veciños de Sofán, e tamén son o presidente do partido político PCNU (Podemos converxer na unión) Arturo Menos.
O goberno central ningunéanos, pasa de nós. Estamos fartos de que os nosos impostos vaían para facer aeroportos para gaivotas, rescatar a banca, para tarxetas Black... mentras esquece a nosa lingua nai, o sofandés; estamos sen o Ave, menos mal que temos as aves mais poñedoras do país; non temos aeroporto exterior, témosnos que conformar co aeroporto interior, que temos no pallote do Cotote, de onde saen os avións hacia Artes, Berdillo, Aldemunde...; non temos farmacia de guarda...
Fixemos unha enquisa e o 90% dos sofandeses queremos decidir sobre da nosa soberanía. Aprobamos unha lei de consultas. Convocamos un referendo para o 8 de novembro.
Diredes:"E despois ten que xogar o Sofán-A contra o Sofán-B tódolos partidos. A rivalidade Berdillo-Sofán, que é o que mais une ao noso país, deixaría de existir".
E eu dígovos:"Sería unha cousa temporal, pois nos, aparte de ser nacionalistas e independentistas, somos anexionistas. Anexionaríamos o resto das rexións e convertiríamosnos en Sofandia, cuxa capital sería Sofán".
A ilusión da miña vida! ser presidente de un gran país, xa de neno, mentras os outros nenos facían a primeira comunión vestidos de frailes, marineritos..., eu fíxena vestido de presidente do goberno.
E se algún día, se rebotan as rexións, cambio a constitución, e porei no artigo correspondente:" Sofandia é unha rexión de nacións".
Pensando un pouco, por que non tería a ilusión de ser rei e facer a comunión vestido de rei. Así podería ser o rei Arturo!!

1 comentario:

O´ MiGhelo dijo...

Ai, Canedo Canedo...!! Seguro que en Sofandia, así coma nos moitos reinos adxacentes a un paseo de can, o título de rei é un cargo moi moi disputado... É elexido democráticamente polo pobo, sen necesidade de votacións nin referendum algún; os mesmos candidatos, van facendo méritos día a día para que sexan sinalados co dedo, dende as primeiras horas matutinas, despois do canto do galo, e ata ben entrada a noite pouco antes de que volva a cantar... Porque o "Rei" das Copas de Gharnacha, é o primeiro en abrir as follas do xornal, e o último en pasar a vasoira e barrer o chan das tabernas...
Eu tamén fun rei de Cances City por unha tempada curta, ata que un croio no camiño ensinoume que non era o meu destino, e agora xa non sigo sendo o rei; pero quedoume unha lexítima resaca longa e vitalicia, de por vida...
¡Viva o rei, e longa vida ó rei...!; pero na miña casa, son republicano e manda a muller...

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.