O Galo de Louro

Foi a facerlle unha visita de cortesía un médico sustituto ao médico sainte, por xubilación. O vello dixo:"Esta xente é moi boa xente, pagadores, enferman o xusto para que ti traballes sen angustias, sen estrés...e tampouco vas a estar parado.Non che faltará clientela. Esta xente só ten un defecto; ponlle alcumes, alias e sobrenomes a todos. Fíxate eu: un pai de famillia normal e corrente. O meu fillo, un día de cagarrela,foi facendo os seus apuros pola rúa, e puxéronlle o caganetas. Loxicamente, eu , de pasar de ser o pai do caganetas, pasei a ser o doutor Caganetas. Ao cura chamanlle o corvo negro, á mestra a Chocha, ao farmacéutico Boticas..."
O primeiro día de traballo, o doutor chegou montado no seu faco e deixouno as aforas, pois o cabalo era moi fraco e tiña medo que o chamaran Rocinante e a el o doutor Quixote. Foi andando, chegou a taberna e subiu os tres chanzos de madeira amodiño, para non facer ruído, e lle chamasen o doutor tristrastreschanzos.Pidiu un café e tomouno con  pouco azucre, para que non lle chamaran o doutor goloso. Saíu todo contento de haber feito todo ben, para non ter alcume. Foi a traballar e na metade da mañá, chegoulle un aviso do sr. cura, para que o fose a saudar. Cando acabou a súa tarea, foi a casa do corvo negro, e este díxolle:"É moi boa xente, pagadoriña...só ten un defecto; ponlle alcumes a todo dios" e contestou o novo médico:"Non se preocupe! véñolle prevenido" E quedoulle!!
Fun este día a aldea de Louro, no concello de Muros, na busqueda dun galo. Un galo labrado en granito, que está no cumio dun de tantos horreos que alí hai. Sempre vin cruces e picotos, e alguén díxome, que vira un galo en Louro. Deambulando pola aldea, e non atopando o galo nin a  quen  preguntar, vin a un señor sonecando, sentado nun banco de pedra, diante dunha casa, debaixo dunha placa, na que poñía Doutor Prevenido. Dixenlle :"Boas tardes!" Espertou e díxome:" Eu son o doutor Prevenido, pero colléchesme desprevenido!" "Vostede non será o do conto de Cándido Pazó?" "Son si! Pero xa ves que non é un conto, é unha historia basada na pura realidade. O sr. Pazó é un contador de historias moi real. Quero que saibas, que o meu nome é Xosé Rodríguez García, e vin o meu alcume moito mais comercial" Estivemos falando de todo un pouco e ao final díxenlle :"Eu ando a buscar un horreo, que ten un galo no tellado, pero levo horas buscano nel e non ó atopo. Poderíame dicir onde está?" "Endexamais vin, nin sentín semellante cousa!" Eu seguín a buscar, e por fin atopei o Galo, Fun a buscar ao vello e insineille a estatua do galo. Alí estaba maxestuoso, todo dereito, mirando para ningures e sabéndose o rei daquel entorno. Ledo e contento do seu horreo, Un horreo sen antenas, farolas, cordas de roupa... e dixo o doutor Prevenido:" Levo aquí, preto de sesenta anos e nunca vira semellante cousa. É boa verdade que teñen que vir os de fóra para valorar o noso!!"
Eu marchei escopetado, non fose que me apodasen o do galo!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo