Manuel de Redondela

Eu sonche moito de radio, pois mentres a escoitas, podes facer infinidade de cousas. Gústame estar informado, pero ao mesmo tempo,con un pouco de salero, de alegría, de entretemento...Fai anos, escoitaba a Carlos Herrera, un cachondo mental, e lémbrome de unha anécdota: a xente chamaba para contar a súa experiencia, do tema do que se falaba. Ese día, o tema era "Vivir preto dunha granxa". Un home dixo:" Eu vivo a  unha distancia prudencial dunha granxa de cochos, e cando o aire ven daquela dirección, non hai distancia que valla. Aquel cheiro é insoportable!!" Ao que Carlos Herrera pregúntalle:" Pódeme dicir cantos cochos ten a granxa, pola intensidade do perfume porcino?" Ao que o home contestou:" Ese non é o meu sistema de calcular a cantidade de cochos, eu teño un mais seguro e preciso; conto as patas e divido entre catro e xa me dá". O Herrera, que ía por ovellas saíu trasquilado, quero dicir, ía por cochos e saíu capado. Gústame que os ointes sexan protagonistas!.
Agora escoito Galicia por Diante, na Radio Galega, pois o Kiko Novoa é un krak, un estilo Carlos Herrera, moi ameno e simpático. Moi ocorrente e retranqueiro. Sempre me digo de recopilar as súas saídas e retrancas, pero esquézome de anotalas, e despois non me lembro. Este luns pasado, non é que el fose o protagonista, pero chamou un señor, un tal Manuel de Redondela, e anotei para lembrarme e así foi mais ou menos. O tema era A influencia dos pais para que os fillos fosen unha cousa ou outra.
Chamou Manuel: E contestou aos bos días de Kiko:" Bos días! así dixo un coñecido meu un luns pola mañán cedo, pouquiño antes de morrer. E agonizando díxome:" Valla maneira teño de escomenzar a semana!" continuou Manuel:" Eu son irmán de seis mestres, pai de mestra e sogro de mestre. Estudei a forza dende os cinco anos ata os dezaoito, collinlle tal teima aos libros, que por min queimaba a metade e a outra metade reciclábaos. Eran aqueles tempos, en que La letra con la sangre entra. O tempo dos duros castigos, o tempo das vareadas na punta dos dedos, de porse de xeonllos enriba de grans de millo con catro ou cinco libros nas palmas das mans, e cara a parede. Si eran os tempos en que te colgaban dunha percha polo xersei,despois de recibir un ostiazo na cabeza con un anel tamaño castaña. Non quero ver os libros diante!!!
Un día, miña filla díxome, que quería ser mestra, e eu reuninme con todo os meus fillos e díxenlle :"Quero que seades o que vos queirades, aquí vosa irmá quere ser mestra, e eu non llo vou a prohibir, só lle pido,e vos pido, que non deixedes os libros onde eu os vexa. O que sexades, tedes que ser os mellores. Prefiro un bo albanel,que faga ben as casas, a un mal médico que me ande matando os veciños. Se me facedes caso, os mellores oficios son ;electricista e fontaneiro. A que non sabedes o conto de aquel fontaneiro, que foi arranxar unha inundación na casa dun home de carreira? Chegou alí, quitou o tapón da bañeira e pechou a villa e díxolle ao propietario:"Son trinta mil pesetas" Ao que o outro exclamou :"Oia! Que eu son ciruxán plástico e non cobro tanto!!" e o fontaneiro:"Tamén eu o era, pero metinme a fontaneiro!". Ríronse un pouco e díxome a futura mestra:" E logo teu pai tamén che dou o mesmo consello?" " Non! Meu pai tamén me contou un conto: Estaban pai e fillo cavando na terra, e nesto que soaron as campás ,dando as doce, hora de comer, e dixo o fillo, agarrando o sacho pola punta do mango e arrebolandoo o mais lonxe que puido:" Esto non é vida para min meu pai!!Eu marcho a percorrer mundo, vou a aventura!!" "Vai meu fillo vai.Esto de fuzar na terra,como a toupa, non é vida. Pero ten a nosa casa e a nosa familia moi en alto, que estemos orgullosos de ti. Vouche a dar un consello; hai dúas cousas que provocan a guerras; o traballo, pois a falta dél provoca diferencias sociais, e veñen as guerras, a outra , son os cartos, pois un fillo é capaz de matar a seu pai por unha peseta. Así que vai polo mundo facendo o ben. O traballo deixallo aos outros, e se che dan algo para ir vivindo e che sobra, reparteo" Si así me dixo o meu pai!! Pero díxomo cando eu tiña sesenta anos.:"Pero meu pai!! Por que non mo díxeches cando tiñá vinte anos??" "Non cho dixen! É verdade non cho dixen, porque ti eras capaz de facelo ao pé da letra".
Acabou a intervención de Manuel de Redondela, e díxenme:"Unha boa historia, si señor!. Fáltalle un final." O final veume dado, cando Kiko Novoa chamou a Manuel, para comunicarlle que el fora o escollido, entre todalas chamadas, como gañador de quince quilos de patacas de Coristanco. :"Gañaches as pataquiñas Manuel!!" Ao que Manuel de Redondela repuxo todo contento:" Eu confórmome con moi pouca cousa, dúas pataquiñas e un chuletón de boi dun quilo xa vou ben!"

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo