Festa de Sofán


Nas festas de Sofán, onde eu vivo, quedaron comigo dúas sobriñas-netas xemelgas, pois os pais tiñan que traballar. Querían ir a verbena, e leveinas. Alí chegamos coa primeira canción. Eramos unhas corenta persoas. Loxicamente todos atrás, e no que eu lle chamo o baile da mecha, estaban elas as dúas. Non perdían baza! Coa boca aberta! Despois dunhas cancións, o cantante dixo:" Vamos a cantar El Rey, cando cheguemos a Llorar y llorar apagarémolo audio e cantades vos" Ninguén cantou, e o cantante, todo alporizado dixo:" De catro mil persoas, só estas dúas nenas cantaron". Miráronse unha a outra e di Paula :" Ti cantaches? Eu non" Contestou Sara:"Pois eu tampouco!". Viñeron correndo e chorando cara a min, e dicindo ao unisono:"Nos non fomooos! Nos non cantamooos!O cantante di mentiras". Calmeinas levándoas ás atraccións.
Ao outro día leveinas a sesión vermout e pasamos por diante dun bar, onde estaba a cantar unha charanga. Quixeron escoitar e ver. No intre da nosa chegada puxéronse a cantar:" Ai Sara, Sara Sariña. Ai Sara ti é la miña. Ai Sara Sarone. Ai Sara do corazone. Ai Sara Sarota ..." Sara púxose a chorar e dicindo:" Por que se meten comigo? Por que me insultan?".Díxenlle que era a canción así, e calmouse, non sen acadar un xeado para cada unha. A última canción da charanga foi A Santiago voy e di Paula :"Marchan? Para onde van?" e di Sara, toda chea de razón:" Non oiches que van para Santiagooo!".
Viñeron os pais e quedei moi relaxado. Pola noite actuaba o Combo Dominicano. Ao outro día, tiña que ir a traballar. Sentin falar moito deste Combo!Actúa en todolos sitios. Parecen varias orquestras clonadas. Dixéronme que tocaban todo música bailable sen parar. Non como as orquestras-espectáculo que están cheas de parafernalia, circo, teatro... e tocan poucas cancións, e bailables? Moi poucaaas!. Díxenme:"Xa que non poido ir, polo menos vou a escoitar dende a casa, pois os ventos, predominantes en Agosto son do Norte-Nordés, traenme a música ata a miña cama. E mirade por onde, que esa noite, soprou do Sur e o aire foi coa música a outra parte.
Dalí a uns días, o Combo actuou en Berdillo, tamén ao Norte da miña casa, abrín a fiestra, e escoitei toda a actuación. E é verdade!! toda música bailable! De feito bailei toda a noite coa a almofada!!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo