Ilusión

-"Non sei cómo te arranxas a estar sempre contento?" Díxolle Sonia a Gumersindo da Rachola.
-"É fácil! a ilusión axúdame moito. Un venres, ainda traballando, estou contento, pois teño a ilusión da fin de semana. Compro o cupón e teño a ilusión de que me toque. Se vou a comer ou a cear algo que me gusta moito, teño sempre este soriso, pensando no meu prato preferido."
-"Quen me dera ser coma ti!"
-"Vouche a contar unha historia, para que te decates do que pode facer a ilusión:
Estaba un espantallo cravado na terra facendo o seu traballo, cando escomezou a chover, a chover a esgalla. Un pardal buscou abeiro debaixo do sombreiro do espantallo, pero a auga viña con vento e non lle servía de nada o sombreiro. Nesto que Trapiño -así se chamaba o espantallo- collíuno coa man e metiuno no peto da súa chaqueta. Cando escampou, o pardal saiu e doulle as grazas a Trapiño, dicíndolle:" 
-Pero ti cómo me axudaches, sendo un espantallo ?
-Eu non vallo para este traballo. Estou aquí cravado sen facer nada e nin os paxaros me tedes medo. Nin eu quero poñérvolo!!
-Pois vente comigo. Vamos a ver ao patriarca dos paxaros a ver se che solucioa o problema.
 Para alá se foron. O patriarca dos paxaros era unha paxara!"
"Total que a patriarca sentenciou:" O por que da túa vida vai a ser a túa ilusión.
-E cal vai a ser a miña ilusión?"
-O teu amigo o pardal! Irás con el, vivirás con el e pasarédelo moi ben".
E así foi. Percorreron mundo, viviron moitas aventuras, disfrutaron a tope...Pero chegou o momento que o pardal atopou unha pardala. Con ela se foi deixando a Trapiño só. Este pensou, que o paxariño tamén atopou a súa ilusión e é normal que vaia detrás dela. Foise para a súa leira. Cravou os pés na terra e púxose a facer o seu traballo. Non sen antes soltar unhas bágoas, tal era a súa tristura!.
Pero un día chegou un pardaliño :"Trapiño, Trapiño..." Chegou outro pardaliño :"Trapiño, Trapiño..." Chegou outro pardaliño:" Trapiño, Trapiño..." Ata que chegou o pardal coa súa ilusión:"Pensaches que te íamos a deixar só. Vente con nos" Pasaron por diante dunha leira e unha espantalla ao ver a Trapiño descravou os pés do chan. 
Tamén ela atopou a súa ilusión!!
-Que bonita historia!! Dixo Sonia.
-Mira ti o que pode facer a ilusión!! Eu levántome pola mañá coa ilusión de verte. Deítome coa ilusión de que sexas a protagonista dos meus soños. Vivo coa ilusión dunha mirada túa, dun teu soriso... Se ti me preguntas cal é a miña ilusión? Contestareiche que a miña ilusión eres ti.
-Xa estou empezando a decatarme que ti es...
E nesto que Gumer espertou e espertou a súa Sonia e díxolle:" Acabo de soñar con algo que pasou fai moitos anos. Soñei o que pasou aquel día que nos fixemos noivos!".

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo