A Fabián

Íamos, o meu afillado e mais eu, andando polo seu barrio, e explicábame todo. É o normal nun neno de seis anos:" Esto es..., aquello es..., lo de atrás es... y aquella casa es de los curas"- O meu afillado é moito de falar castelán- e díxenlle:" Se están a oscuras que prendan a luz!!" Quedóuseme mirando de arriba a abaixo e pronunciou sílaba a sílaba:" Es la ca-sa de los cu-ras". "Pois se están a oscuras que acendan a luz!!". Empezou a patalear, a chorar e a berrar:" Es la ca-sa de los sa-cer-do-teees!!!" "Ah! agora xa te entendo!".
Meu afillado Fabián é moi cariñoso, é moi simpático...pero ten uns prontos!.Da súa simpatía é mostra esta anécdota. Viñan comigo, no coche, el e miña sogra. Íamos pola Ronda de Outeiro e dixo a vella:" Nesta rúa fixen as prácticas cando quitei o carné de conducir" E eu díxenlle :" Pois eu a rampla , a marcha atrás e a L fíxenas na Torre de Hércules". A miña sogra repuxo segurísima :"Pois eu fíxenas aquí!!" e dille o meu afillado:" Abuela cuando tú quitaste el carnet de conducir aún no construyeran la Torre de Hércules" "Conxanadero! Que maneira de chamarme vella!!".
Outra vez, coa avoa de protagonista; estaban dándolle de comer ao can de Fabián as sobras da comida e dixo a vella moi sorprendida:" Come leituga, come cebolas, come tomate, come tortilla, come mazán...o meu só come carne. Que sorte tedes,que o voso come de todo!" " No abuela, no come de todo, las patatas fritas no las come!" "Que raro" dixo ela e sentenciou Fabián:" No las come por que mi padre y yo nos peleamos por ellas y nunca sobran!!"
O meu afillado ten 30 anos, convive coa súa parella, ten un neno e funciona de funcionario. Igual que a gran maioría da xuventude non se casou.
E non só os restaurantes, os fotógrafos, as axencias de viaxe, os curas...están perxudicados pola teima de non querer casar, tamén os padriños.
A que ven esta historia?. Díxome o outro día meu afillado:" Tú ya cumpliste como padrino y te levanto la obligación de regalarme el bollo de Pascua, siempre y cuando me dediques o me pongas de protagonista en una historia tuya". E aquí estou. Eu cumplín como padriño. Regaleille o Scalextric, que era a principal condición que me puxo o seu pai para aceptar a miña proposta padriñal, os xoguetes de Playmovil, un xadrez electrónico, cepillo de dentes eléctrico, maquinilla de afeitar eléctrica...Algunha vez usei do meu maxín para facerlle regalos, como aquela vez por Pascua. Encarguei un molete de pan ben grande, fíxenlle un burato por abaixo e quiteille todo o miolo. Dentro metinlle un chandal. Que sorpresa levou cando viu aquel molete! Nin pan de ovo era!!
As antigas xeracións adoitabamos casar aos 20 ou 30 anos e dende que casabas os padriños deixaban de darche o bolo pola Pascua, pero é que agora non se casan e estás obrigado como padriño de por vida. Non se casan, teñen fillos e non os bautizan, non lle fan a primeira comunión, nin a confirmación... Viven no pecado toda a vida e un pouquiño antes de morrer arrepíntense e piden perdón e van para o Reino dos Ceos. E ti que cumpliches con todolos sacramentos, que pasas regularmente por diante da igrexa e se non lle das unha esmola a Barcenas, e non te arrepintes, vas para a República dos Infernos directo.
Pois si! Estase a extinguir a raza dos padriños e supoñedesvos o que sería a historia do Sétimo Arte se non existise o Padriño?

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo