Vivamos como galegos!

Parece ser que os editores do Antiguo Testamento van a cambiar o número de días que durou o Diluvio Universal. Van a poñerlle 140 días, pois os corenta días foron superados con creces polo Diluvio Galicial, que durou 60 .
Todo empezou, aquel día, cando saíron da perruquería aquelas señoras, todas peiteadas, e púxose a chover e dixeron :"E se chove, que chova" Tres meses de choiva!!, non parou ata fai uns días. Antonte atopeime con un coñecido e díxenlle:"Que fas co paraugas aberto, se non chove?" "Xa forma parte de min" Si, unha das consecuencias das sucesivas cicloxénesis que nos azoutaron; unha nova creatura da natureza, O Paraugalego.
Non, non me preocupa vivir nunha bola dando voltas polo espacio a 1000 Qm por segundo no medio de asteroides, meteoritos, cometas e lixo espacial, pero preocúpanme as cicloxénesis que convirten as praias en rochedos, os rochedos en praias, que causan moitos estragos, e sobredetodo, que levan moitas vidas.
Outra das frases das señoras é : a alegría é o único sitio en Galicia que non se nubra. A alegría é unha das nosas mais preciadas virtudes, pero abunda pouco. A crúa realidade pode con ela. Menos mal que temos  milleiros de festas para mitigar a tristura.
Tamén din as señoras: Vivamos como galegooos! Eu son de vivir como galego, pero de vez en cando gustaríame vivir como gorrión, quero dicir como canario.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo