Moderna soidade

A nosa cuadrilla, aló polos anos setenta, xuntábase na sala de Xogos Ernesto, na rúa da Saúde de Carballo. Ernesto era un inventador. Inventador de historias, inventador do tapete a cadros de hule nas súas mesas de billar(era moito mais barato que o tapete verde), inventador do cristal de carne, pois as rachas de chourizo, dos seus bocadillos,eran transparentes...
Alí departíamos sobre da película do día anterior, do partido de futbol, da obra de teatro do Estudio Uno...Xogabamos, contabamos contos, falabamos, ríamosnos... non nos aburríamos.
A sala de Xogos Ernesto era a nosa Pleiesteixon. Pleiesteixon real, non virtual!.Era unha das poucas modernidades que tiñamos, xunto coa televisión monocanal e bicolor. Agora hai demasiadas modernidades ; tabletas, jaimenbois, esmarfóns...e din os nenos:"Abúrrome, abúrrome..."
Este día Chucho da Jauvea foi coa súa cuadrilla a comer a un restaurante. Votou unha ollada: na súa mesa todos con whatsapp, na mesa do lado había un matrimonio con tres fillos, cada un co seu aparello aceso e... comendo, nin unha conversación. Na mesa de enfrente a mesma película. Mirou para atrás e idéntica paisaxe. Preguntoulle ao seu amigo, que tiña a carón, se lle gustaban as ameixas e a resposta, no medio dun whatsapp, foi :"Non, non vin o partido". Mirou ao frente e púxose a cantar:"Hola soledad! casi siempre estás conmigo, te saluda un viejo amigo...". Soledad é a dona de Chucho da Jauvea.
Menos mal que sempre nos quedará unha Soledad para falar con ela!!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo