A illa acuarelina

Sacou a bailar Pepe a unha chica  moi guapa e rapidamente lle espetou:"Queres casar comigo?" ao que ela :"Seica toleaches?nin sequera sabes o meu nome, que fago, quen son? e eu non sei nada de ti" "Non te preocupes! xa nos iremos coñecendo pouco a pouco" "Vale! Acepto".
Casaron, foron de luna de mel a un hotel de 5 estrelas, a un hotel dunha illa, dunha illa paradisíaca, unha illa rodeada de mar por todalas partes. Ná piscina do hotel, Pepe subiuse ao mais alto do trampolín e tirouse. Unha clavada perfecta, despois de tres reviravoltas. Ela aplaudiulle e díxolle :" Non sabía que sabías saltar tan ben dende o trampolín?" "Xa cho dixen eu, que nos iríamos coñecendo pouco a pouco. Fun campión olímpico de salto de trampolín". Vai ela e lánzase a piscina e fai 10 largos en dous minutos e dille Pepe:"Campioa olímpica de natación?" e ela :"Non ho! Prostituta a domicillio en Venecia".
Eu sempre tiven a ilusión de saber bailar e sobre de todo de saber nadar. De saber nadar para ir a unha illa e nadar na piscina do hotel e por suposto nas súas fermosas praias. Xa teño uns anos e o ano pasado fun a clases de natación, pero non fun capaz nin sequera de aboiar. Íaseme a facer moi costa arriba: primeiro a nadar, despois a bailar. Así que lle dixen ao monitor:"Por que non me aprendes a natación sincronizada? pois así aprendo a nadar e a bailar ao mesmo tempo".
Total que nada! de nadar nada e inútil de min, coma sempre,tiven a posibilidade de ir a un cruceiro- non ao cruceiro que está ao carón da nosa igrexa parroquial- a un cruceiro nun iate de luxo. O capitán quixonos amosar, de preto, a súa illa de orixe e o iate encallou nas rochas e tivemos que saltar a auga e, mirade por donde! alí foi donde aprendín a nadar!( a necesidade obriga) Nadei ata unha illa que había alí preto, e cheguei a unha praia extenuado e canso. Quedeime durmido na area e,cando espertei, xa estaba axugado e púxenme a andar. Menos mal que teño unha carteira desas metálicas, que venden na teletenda, que non se me mollaron os cartos nin a documentación.
Andei, andei, andei... e aquela illa acuarelina parecía unha illa deserta. Eran as doce da noite e ainda quentaba o sol. Outra ilusión da miña vida! ir a unha illa deserta onde o sol quentase día e noite. Subín a colina que estaba no medio da illa, e dende alí oteei toda a illa, unha illa acuarelina con praias, radas, cabos, baías...ao pé dunha das praias había un centro comercial cuxo nome non nomearei pero que ten apelido Inglés. Tamén había un hotel de 5 estrelas. Entrei no super do centro comercial e merquei unha Estrella Galicia. Entrei no hotel, que coa miña cervexa pasou de ser de 5 estrelas a ter 6. Fun a ver a habitación e aseeinme un pouco e fun a dar unha volta pola illa acuarelina. Collín un sendeiro que me levou ao faro da Furna. Un faro do ano 1875, estaba na outra punta da illa, dende alí ollei todo ao meu redor; acantilados , rochas, praias... e o barco que se estaba a fundir ao carón da illa. Díxenme:"Que sorte tiven. Espero que non morrese ninguén no naufraxio.
Estiven alí uns días. Unha illa logo se ve, non e para vivir nela longas tempadas. Así que decidín voltar a terra firme, a miña terra donde o sol non quenta nin de día nin de noite, donde chove a mais non poder. Agora distráiome indo a cursos e talleres de escrita. Escribir é a miña teima, a miña paixón.
E aquí remato. Xa sei que esto non é a Divina Comedia. Xa sei que eu non son Dante, pero a que son un comediante?
Esta historia fixena nun taller de escrita aló en Santiago. Está inspirada nunha acuarela de unha illa que pintou Uxía Piñeiro, O tema do taller eran as illas da exposición de Uxía. Como era moi pouco o tempo para esxribila usei anacos de historias antigas. Espero que che gustara!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo