Pensando na pensión

 A palabra inventada polo ministro Wert, LOMCE, para min ten un erro ortógrafico, pois cando eu estudei, o son "N" antes de consoante só era "M" antes de "P" ou de "B", pero nunca antes de "C", eu nunca escribiría numca.
Bromas aparte, non nos vai moi ben con estes do PP, vainos moi mal! En todo, pero sobretodo en educación e en sanidade, culpa das tesoiras eléctricas de Feijoo e Rajoy.
Contoume este día o meu amigo Gumersindo da Rachola:" Nunca tan pronto cheguei a unha cita. Fun a facer unha resoancia magnética e dime unha enfermeira:"Vostede ven mal, moi mal!" "Pois eu atópome ben" "Non ho! Hoxe non é o día da súa cita" "Pero hoxe non é o 22 de outubro?" "É ho, é, pero non estamos no 2014" "Cheguei un ano antes a cita" E eu díxenlle a Gumer:"Malo será que co céntimo sanitario non che adianten a quenda" E el coa súa retranca:" Si ho! para o 20 de outubro do 2014!".
Estábamos falando desto,no noso bar de tertulias, cando chegou o noso cego de cabeceira, puntual coma sempre e dígolle a Gumer:" Aí o tes! non falla nunca" e el:" Fallar non falla, pero acertar non acerta nunca. Nin unha devolución!" Xa digo eu, para que nos toque a devolución o mais doado é non xogar. Xogamos pola famosa paga mensual durante 25 anos, porque o que é a pensión vámola a ter difícil de cobrar. Disque temos que traballar ata os 70 anos e dígolle a Gumer:"Vamos a morrer traballando!" e dime:" Non sexas tan gafe!! con un pouco de sorte morremos na hora do bocadillo" Para que queren os empresarios traballadores de 70 anos, coxeando e con bastón? Non lle será mais rentable darlle traballo a xuventude tan preparada que temos?
Despedímosnos dicíndolle eu a Gumer :" A ilusión de ter unha boa pensión non ma quita ninguén! e espétame el:"Pois eu casi prefiro un hotel de 5 estrelas!"
 
LOXICAMENTE ESTA HISTORIA E DO 2013. É so unha lembranza. Os gobernantes non son os mesmos, pero as perspectivas son as mesmas.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo