O Pindo de loito

Dende que a fervenza do Xallas deixou de estar secuestrada, sempre que teño visitas, lévoas a ver a zona do Monte Pindo. Todos me din:" Que bonito!!, que vistas espectaculares!!, que rochas tan preciosas!! E eu sempre lles contesto :"O dedo  máxico de Deus, aquí, parouse un bo anaco" A verdade é que é unha zona impresionante.
Fai uns días tiven uns curmáns de visita, e pidíronme que os levase ao Pindo, eu díxenlle que estaba todo queimado e incluso ardendo, pero eles insistiron e leveinos.
Antes de entrar na zona do desastre paramos no miradoiro que está baixando as Paxareiras. Unha vista magnífica da praia de Carnota. Pero mirabas a dereita e dende Caldebarcos, todo queimado. Víanse moitas chamas e moitas fumaredas. Baixamos á estrada principal, e todo estaba queimado, a un lado ao outro. Caldebarcos, Panchés, Quilmas, O Pindo... Non había nin un brote verde, soamente brotes grises e negros. Canto deberon sufrir os veciños, vendo como o producto da súa vida quedaba en cinzas!! Zona protexida, protexida de que? de nevadas?, de xeadas?, de que lles toque a lotaría?. Menos mal que non houbo desgrazas personais!, que non ardíu ningunha casa!, que non ardíu a auga do Xallas!...
Que desolación!! Todo queimado!. Fumos a ver a fervenza.Non dixemos nada. As nosas facianas estaban tristes, os nosos ollos chorosos...Subimos ao miradoiro do Ézaro e meu curmán, por fin dixo unhas verbas:" A pesares de estar todo queimado, ardendo e fumegando esto é precioso".
Mirei para o Océano Atlántico. Estaba feito un mar de vágoas. Mirei cara o Monte Pindo e doume a impresión que lle caían polas faceiras dúas vágoas. Dúas vágoas negras.

Esta historia é en apoio ao Pindo Parque Natural.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo