Campións do mundo

  Na miña nenez, aló polos sesenta, en Carballo había moita afección polas motos. Tiñamos un circuito urbano de motocrós, no Campo da Feira. Viñan a correr campións de España e por suposto de Galicia, moitos deles de Carballo. Os rapaces íamos a ver os adestramentos e as carreiras, era moi emocionante ver voar aquelas máquinas. 
  Pasaron moitos anos ata que volvín a ter relación coas motos. Foi no taller no que eu traballaba. Alí había unha Derbi de 49cc., que só usábamos para facer recados por Carballo. Un día decidimos, Pepe da Brea e mais eu, facerlle unha posta a punto, pintala e rotulala; hoxe chamaselle tuneala. Pinteille o deposito de gasolina de cor vermello e rotuleille de branco a marca JAMAJA 750mc. e debaixo con letras mais pequechas MADE IN CARBALLO. E con ela xa íamos ao destino preferido da nosa xuventude, Santa Comba. Nos non íamos de botellón, nin sequera de garrafón; unhas cuncas de viño e unhas cervexas, e a bailar. Á nosa JAMAJA tiñámoslle que cambiar a buxía na Rabadeira e en Padreiro, era a campioa do mundo en mais cambio de buxías por Qm. lineal.
  Campión do mundo en Moto 3 tamén é o CALVOteam, co seu piloto Maverik Viñales. A el e mais a súa compañeira de equipo, Ana Carrasco, fíxoselle unha homenaxe no concello de Carballo e na fábrica carballesa. Alí estiveron expostas as motos do neno e da nena; da muller e do home do CALVOteam. Tamén homes e mulleres compoñen o Grupo Calvo, que é campión no sector da alimentación.
Pois si! moitos de nos, encima da moto, facendo unha foto, sentímonos, por uns intres, campións do mundo!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo