Fumigación e sulfatación

Díxolle Robert Redfor a Demi Moore:"Douche un millón de dólares se te deitas comigo" Ao que ela pensouno e repensouno e consultoullo ao futuro cornudo. E os dous decidiron que si. Isto ocorreu na película Proposición indecente. Un amigo meu comentandoa díxome :"Moitos choios se perden por non ter cartos!" A que ven isto? Pois que case que todos temos un prezo. Ata  La muerte tenía un precio, e Por un puñado de dólares  El bueno, el feo y el malo e algún dos nosos políticos son capaces de meter a man no caixón público.
 A nosa multirraza é capaz de facer grandes cousas. A nosa multirraza é campioa do mundo e de Europa en moitas disciplinas deportivas. Somos envexados por todos. Pero! aí está o pero- que non é o porompom- somos campións en corrupción. Vennos de séculos atrás. A nosa multirraza para poder campar e sobrevivir tivo que usar certas mañas, certas picardías de fronte aos poderosos( a nobleza e o clero). De aí os pícaros, de aí a novela picaresca. Houbo quen loitou contra os poderosos créndose un fidalgo, un cavaleiro, un cavaleiro co seu escudeiro, desfacedor de entuertos, un defensor de princesas, de princesas plebeias... en fin un regalador de altruismo. Non é que acadase moito nos seus intentos, pero vendiu moitos libros e polo menos grazas ao Cavaleiro da Triste Figura sabemos que existe o altruismo.




O outro día, o meu amigo Aniceto das Alturas, que ben podía escribir un libro e vender moitos libros, e se tivese cartos compraría moitos libros, díxome:" Mecaghiná!! Unha avioneta debía sulfatar e fumigar dende os Pirineos ata o estreito de Xibraltar e acabar con ista maleza, istas ortigas, istes toxos, istas silvas e istes cardos borriqueros e prantar políticos novos, así virían os tan desexados brotes verdes. Habíamos de regalos con moito sentido común, con ética, con moral e abonariamolos con un millón de sobredosis de honradez e, loxicamente,  poríamoslle un pastor eléctrico arredor dos cartos!!.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo