De bar e de cenas!

Dicíalle o alcalde da Peperiza ao seu amigo da infancia, director xeral de Aproveitadecoracións:" Teño dous orzamentos para pintar a casa consistorial. O primeiro orzamento é de A Mellordecoración, 27000 Euros, ofértame material de primeira, e man de obra cualificada e un tempo record de execución. O segundo orzamento é da empresa Pinturas Honradas, 9000 Euros, ofértame calidade a bo prezo e seriedade. Cal é o teu orzamento?"."O meu tamén é de 27000 Euros. Ofértoche o mesmo prezo do primeiro orzamento, e a seriedade e calidade do segundo. Contrato a Pinturas Honradas por 9000 Euros, 9000 para min e 9000 para ti". Tal como van as cousas parece que os partidos políticos funcionan así. Agora entendo por que as concellerías de obras son as mais ambicionadas e envexadas. Pero bueno xa o dirán os xuices.Ista crise económica, ista crise de valores, istes ladróns, istes larpeiros...í a dicir chourizos pero négome a usar iste delicioso manxar para definir a istes persoeiros. Pois iso todo faime trabucar nás miñas nocións xeográficas. E pensar que sempre pensei que unha illa era un anaco de terra rodeada de auga por todalas partes!! E agora resulta que Suiza é unha illa. Unha illa rodeada de terra por todalas partes. Si! Suiza é a illa do tesouro do extesoreiro do PP, o señor Barcenas. Entendo que os políticos metan en gastos comidas, merendas e copas, pois nos bares en nos restaurantes fanse moitos negocios e soluciónanse moitos problemas. E entendín mal cando me dixeron o que fixera o PSOE de Ourense, que metera en gastos cubatas en Xinebra e en Roma. Pero a realidade é que foron cubatas de xinebra e de rom. Entendo que o PP vaia de bar e de cenas, pero o que non entendo é que tivera un Barcenas repartindo o tesouro recollido polo cazo.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo