Unha marabillosidade!

Gumersindo da Rachola é moito de falar galego, por eso cando quere sair a dar unha volta, vai a Portugal. Ao home non lle gusta tropezar co castelán. O  outro día víu un anuncio na Internet. Era un concerto de María do Ceo na Casa Grande do Bachao, despois dunha cea galaico-portuxesa, e anotouse.
 A Casa Grande do Bachao está nos montes Bachao, por donde pasa o río Tambre, na carretera de Carballo a Santiago e despois de Portomouro e moi pretiño de Santiago, na parroquia de Santa Cristina de Fecha.
 Alí chegou bastante cedo e foi ata o río. A pesares de que o río está a poucos metros do pazo, tivo que andar por camiños e sendeiros sinuosos e zigzagueantes uns 50 minutos, tal é o desnivel! un verdadeiro canón! Os canóns do Sil en pequeno, diría eu! Así que chegou ao carón do río, acompañouno un par de quilometros. Que  paz!, que sosego! Acompañando ao río naquel tramo, naquel remanso. Que remanso de paz! Gumer tiña medo que se lle fixese de noite e voltou sobre dos seus pasos, e despedíuse do Tambre.E o río contestou virando a cabeza e saudando coa man. Non se decatou que alí había unhas rochas e pedras e  batíu contra elas e o Tambre marchou río abaixo dicindo e murmurando :"MECAGHINAQUEOSTIAZOMEPEGUEI! MECAGHINAQUEOSTIAZOMEPEGUEI!MECAGHINAQUEOSTIAZOMEPEGUEI!...
Total que chegou ao pazo e ainda quedaba moito tempo para a cea e díxose:"Vou a xogar ao billar" e alí na Santa Cristina de Fecha, atopouse con un anxo, que ben poidera ser unha santa, ata se chamaba Cristina! Pero de santa nada, xogando ao billar facía moitas trampas. Gumersindo díxolle:
-Ti fas trampas!
-E que eu quero gañar!
-Pois non sempre se gaña. Tes que aprender a perder.
-E que eu non quero aprender a perder, e ademais eu só son unha nena de 11 anos.
-Perdoa! Eu pensei que tiñas 12!
A cea unha maravilla. O camareiro preguntoulle:
 -Que tal a cea?
-Todo moi  bo de feito vouna a levar para a casa.
 Gumer díxome:
-E verdade que lo bueno, si breve dos veces bueno! pero eu non estou dacordo, eu sería  e son mais partidario de lo bueno, si doble dos veces bueno.
 A verdade e que Gumersindo da Rachola é de moita comida. É coma aquel de terra adentro, que nunca comera peixe e un día foi a un porto de mar, entrou nun restaurante e dixo:
-Son novato en temas de peixe e deixome aconsellar.
-De primeiro recoméndolle unhas angulas.
-Pois traíame dúas ou tres.
-Mire que son moi...
-Trainas sen medo que eu son de moita comida.
-Pero e que...
-Que non te preocupes, que eu son de moita comida. Trainas.
O camareiro, así que viu que o señor xa acabara as angulas, díxolle:
-De segundo suxírolle uns sargos a grella, que están moi bos.
-Pois traeme douscentos ou trescentos.
E chegou a hora do concerto. Púxose a cantar a que non é deste planeta, pois é do ceo, cantou en portuxés, en galego e en castelán. Unha marabilla. Viña acompañada polo seu home a guitarra, polo seu fillo ao laúde e polo inmenso coro de espectadores.
 Gumersindo quixo sair a cantar con ela, pero tívolle medo ao enfado da cantadora de fados. En resumen un día inolvidable, inesquecible. Unha marabillosidade!!!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo