Camiño verde

Atopouse un home con un amigo, apoucado e tristón e preguntoulle:"Véxote mal meu amigo! tes problemas?" Ao que o amigo repuxo:"Teño ho! E que quero matar a muller, pero non quero ir para a cadea, e non vexo a maneira!" ": Telo moi doado ho! Faille o amor sete veces ao día durante un mes e xa verás como non falla"
E así fixo. Un día cando chegou de traballar canso e derreado, xa non podía coa alma, de xeonllos, agarrado ao pasamáns, e nesto que escoita a súa dona limpiando e cantando :"POR EL CAMINO VERDE,CAMINO VERDE QUE VA A LA ERMITA...! e el :"Canta, canta que se soupeses que che queda unha semana de vida, non habías cantar tanto" e ela": CAMINO, CAMINO VERDEEEE..."
Camiño verde, camiño ecolóxico, camiño en plena natureza, sen contaminacións...foi a ruta de senderismo que fixeron unhas sesenta persoas, organizada por Senda Nova, aló polos camiños de Aldemunde.
A ruta empezou no concello de Cerceda. Nese grupo de xente ía Gumersindo da Rachola, pois sempre lle chamou a atención a Ribeira da Pena. Chámanlle así ao bosque polo que trascorre o río Abeleira, que cambia de nome según por onde pasa (Carral, Bardoso, Rosende) O río Abeleira separa os concellos de Cerceda e Carballo. Para baixar ao seu cauce hai 100 metros de desnivel. Os guías foron explicando. Ao principio do descenso había bosques de eucalipto, un dos guías explicou que os eucaliptos, non é que estragan todo ao seu redor polas raices, senón polas follas que caen, que teñen moito alcohol. Gumersindo levantou a man e preguntou :"E por iso que lle chaman alcolitros?" contestoulle o guía:"Boa observación! pero non é por iso" Chegaron ao cauce, alí xa non había eucaliptos, xa era flora autóctona, vidueiros, carballos, castiñeiros, abeleiras... O estrano destas árbores e que non medran ao ancho, senón ao alto buscando a luz do sol, pois tal é a frondosidade e as ladeiras tan altas. Alí tiverón que cruzar o río por pedras e pólas agarrados a unha corda. Gumersindo non é home de moitas agallas, pero ao ver que nenos de dez anos o cruzaban, pois non lle quedou mais remedio. Cruzaron o río por pontes artesanais, feitas para a ocasión, unhas cantas veces. Gumersindo nunca fora a Carballo tantas veces en tan pouco tempo. Subiron por unha pendente con moito desnivel ata chegar as primeiras casas de Aldemunde. Viron un muiño de auga en funcionamento, e alí había unha peza dun muiño castrexo.
Chegou a hora de xantar e como chovía metéronse no palco da música, quitaron cada un a súa flauta, que eran de xamón, chorizo con queixo, xamón cocido e vexetal. Os nenos correndo, trincando e brincando bajo la lluvia ao son das trincadas da improvisada orquestra.
Acabada a comida, subiron a ver o castro de Aldemunde e despois colleron unha pista, que debía ser unha máquina do tempo, pois algún dos nenos doulle ao botón e retrotraéronse no tempo, ata o neolítico, ata o dolmen da Pedra Moura. Alí, despois das explicacións dos guías, sacaron a foto de rigor. Foto que foi publicada na Voz de Galicia. Non busquedes a Gumer, pois non está. El foi o que fixo a foto.
A Gumersindo gustoulle moito a ruta e iso que dixo:"Una vez y nada más, decía Santo Tomás" pero sei de boa tinta que xa se anotou para a vindeira ruta.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo