Eu son do Anllóns

O son do Anllóns foi a última ruta de senderismo, organizada por Senda Nova. A ela foi Gumersindo da Rachola. O traxecto era dende Carballo ata Corcoesto, preto da tan polémica mina de ouro, pasando por Sísamo, Goiáns, Verdes, Xornes. Un  traxecto fermosísimo, con remansos, rápidos, meandros, canóns...21 quilómetros, todos a pé, e algún que outro metro de cu, pois foron moitas as cuadas, polo esvaradío do terreo, tal era a cantidade de lama!. Gumersindo chamoulle a ruta das mil e unha lameiras. Houbo tramos intransitables, pero os sendeiros e camiños eran moi doados, doados para as cabras. Como di a canción  de Juan Manuel Serrat e a poesía de Antonio Machado:"Caminante no hay camino, se hace camino al andar" camiños que foron facendo o corpo de inxenieros da Proteccón Civil de Carballo.
En resumo, unha ruta épica e heroica.
Desintonizas completamente, queimas bilirrubina, non miras o reloxo en toda a ruta, esquéceste da crise, das preferentes, dos desafiuzamentos, da cuñada de risco... en definitiva de todo, menos, do ben que o estás pasando.
Gumersindo da Rachola, cando era pequeno, camiñando pola beira do Anllóns, acompañado pola súa avoa a ver a súa outra avoa, que vivía en Sísamo, esvarou  e caíu no río. A súa avoa agarrouno por un pé, cando xa tiña a cabeza dentro da auga. Non vos extrañedes que Gumer lle teña tanto respecto, mais ben medo, a auga. De feito dúchase con un flotador. Pódese dicir que Gumersindo, como Moisés foi rescatado do río e tamén se pode dicir que Gumer é do Anllóns. Eu tamén son do Anllóns, eu son do Anllóns, de aí o título desta historia.Eu tamén fun rescatado do Anllóns, xa foi fai uns anos. No refuxio de Verdes. Adoitábamos ir o día de ano novo facerlle unha visita, pois é un lugar moi fermoso e con moita auga, moito mais. Aquel ano tamén choviu moito e os camiños, pontes e sendeiros estaban moi esvaradíos. Íamos Chucho da Jauvea, Gumersindo e mais eu. Dixo Gumer :"Chucho! ten coidado con Lucas, pois pode caer no río" Ao que Chucho repuxo:" Lucas é grande, e ben sabe o que fai!" Nin dito, nin feito, propio nise intre saltei a un balado e esvarei, e caín no río. Nadei contra corrente, pero ela podíame, así que xa non podía mais agarreime a unha pedra esperando acontecementos. Gumer dábame ánimos dende unha ponte, e mirei para atrás e vin a Chucho da Jauvea espirse para virme a rescatar. Eu son Lucas, se eu fose o can de Gumer, isto non me pasaba, pois el é moi precavido e seguro que me levaría pola correa ou no colo. Gumer é precavido e Chucho é arriscado!.
É boa verdade que o home é o mellor amigo do can, ou é do revés? O que si sei é , que Chucho da Jauvea é o meu mellor amigo!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo