Non somos de aceiro-inox.








O sábado pasado, Gumersindo da Rachola e Barca coas súas respectivas parellas foron a cear e a bailar a unha aldea alá en Malpica. Foron porque estaba a orquestra Olympus, que é do gusto de todos eles. Non tiveron falte de preguntar o que había para cear, pois xa o sabían, é case sempre o mesmo!, pero a diversión está garantida.
Durante a cea, nunha mesa ao carón da deles, saíu un comensal a fumar e cando voltou, díxolle aos seus compañeiros:
-Non sabedes o que me acaba de pasar?
-Non, conta, conta!
-Acabo de matar a un home. Resulta que caíu  da bicicleta e levaba a cazadora do revés, para cortar o aire e pensei que tiña a cabeza torcida e endreiteilla...
 Notábase  que estamos no tempo de Entroido e Gumer, que sentiu aquelo, esbozou un soriso e lembrouse dun conto que lle contaba o seu pai:
Estaban , tamén nun restaurante dous homes e un, que debía ser moi vacilón e tamén debía ser tempo de Entroido, dicíalle a un credulón:
-Oiches! nos tempos de antes a xente era moito mais grande e alta que agora, pois comíase mais san, non había tanta contaminación, nin tanto estrés, nin tantas hipotecas, nin preferentes...Fíxate que meu avó levantaba a man e tocáballe ao ceo.
-Que grande debía ser!!
Ao que un veciño de mesa, hastiado do vacile do vacilón, preguntou todo curioso:
-E logo cando tocaba o ceo non tocaba unha cousa enrugada, así como se fose unha uva pasa?
O vacilón pensou:" Este tamén pica, voulle a dicir que si"
-Si! Efectivamente.
-Pois era un melindre do meu avó!
Escomezou a soar a orquestra e dixo o cantante:"A primeira parella que veña a bailar gaña 500 Euros".Gumer díxolle a Barca:"Vamos a bailar" Pero Barca dada a súa inmensidade, fíxoselle difícil coller velocidade. Total que Gumer víuse só na pista de baile, pero tamén e sóa estaba unha chica, que tamén estaba esperando a súa inmensa parella. Gumer vía achegarse mais parellas a pista e como non quería perder a opurtunidade de gañar aquel premio ficticio, quitou a bailar a súa compañeira de circunstancias...
A última vez que foran a unha cea-baile, Gumersindo da Rachola díxolle a Barca:
-Non tomes tantos cubatas, que non hai Deus que te ature! E millor tomar dúas cervexas.
-Vale para a próxima, un par de cervexas!
E efectivamente, tomaron dúas, dúas ducias de cervexas, tal era a insistencia de Barca de invitar a Gumer.
Ao día seguinte, Gumer estaba tan mal, que foi por urxencias. Alí deitado na padiola, postrado naquel leito de resaca,  díxolle o doutor :
-O corpo fainas e o corpo págaas.
Ao que Gumer, abrindo os ollos, con unha pizca de lucidez, repuxo:
-Si!! pero as cervexas pagounas Barca!! 

2 comentarios:

ioragazza dijo...

VAITES, MENOS MAL QUE ME DEI CONTA QUE ENTRE OS MEUS FAVORITOS DO PRINCIPIO, AINDA NON NOS COÑECÍAMOS ESTABA ESTA PÁXINA E HOXE REPASANDO AS MIÑAS PREFERENCIAS ATOPEI CUNHA PARELLA NUNHA FESTA CUNHA ORQUESTA CASE DA MIÑA ALDEA E PORRIBA DUAS DUCIAS DE CERVEXAS NO PAPO!!!!. FAI FALLA SER MÁIS QUE DE ACERINOX, MEU!!!!!. CON RAZÓN O MÉDICO DIXO QUE EL CUERPO LAS PAGA, AINDA QUE SEXA EN GALEGO, MEU!!!!!.

MOITOS SAUDOS DESTA PEZA QUE DEIXA PRA MAÑAN TODO E DESPOIS......NON O FAI!!!!!!.
TÚA AMIGA: MARISOL

José Manuel Canedo Aguiar dijo...

Doulle voltas e non me decato de quen eres. Tu sei ragazza e io vechio. Grazas polo teu comentario e se me puideras dar unha pista de quen eres!

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo