La fine del mondo

A mediados de decembro do ano 2012, foron uns amigos coas súas parellas, a unha cea-baile, a unha aldea alá en Malpica. Unha cea-baile celebrada nun salón-comedor extraordinario, grande, eu diría: imperial!. Degustaron unha cea que non estaba aló moi quente, ainda así, Gumersindo da Rachola e a súa dona, pasárono moi ben, pois bailaron toda a noite ao son da orquestra. As outras parellas só disfrutaron da primerira parte do programa; só cearon!.
O día do fin do mundo, pronosticado polos Maias, o 21 de decembro, Gumersindo da Rachola voltou coa súa parella e co seu amigo Barca e a súa dona. Gumer advertiulle a Barca da fríaxe da cea anterior. E advertiu que enriba deles había unha lámpada; veulle a idea de frotala, pero estaba moi alta. Había unha candea na mesa e frotouna, de súpeto apareciu un xenio en forma de camareiro. Pidíulle un desexo:"Quero que a cea veña quente". Todo unha marabilla: langostinos quentes e boísimos, chuleta quente e sabrosísima e patacas tamén quentes e recien feitas.A tarta xelada viña como tiña que vir: fría! A verdade é que o xenio non era gilipollas coma o do conto. Cóntovolo:" Estaba un home pescando, coa cana, no mar. Pasou por alí un coñecido e iste díxolle:
- Ostia! que boya mais grande tes! 
-  A verdade é que é moi útil, pois non teño que saltar para ver onde está a boya detrás das ondas.
- Onde a mercaches?
 - Non a merquei: ía o outro día andando pola praia e atopei unha lámpada coma a da Aladino, froteina e saíume un xenio e iste díxome:" Concédoche un desexo, só un, pois estamos de recortes"
 - Podíasme deixar a min a lámpada máxica?
E así foi deixoulla. Pasaron uns días e o amigo díxolle:
-Vaia merda de xenio, pidinlle que ao chegar a casa tivese a miña habitación chea de pelas , e tiñaa chea de velas!
- A ti que che parece que eu lle pidín a boya mais grande do mundo?

As doce da noite despedíron o mundo con doce sorbos de cervexa e déronlle a benvida ao novo mundo con outros doce sorbos da mesma cervexa. Días despois, nun programa de fin de ano, dunha cadea de televisión, un tal Sobera brindou coa mesma cervexa. Non podo dicir que a cervexa era unha rubia da Coruña. E despois empezou a soar a orquestra Los Satélites. As primeriras en sair a bailar foron unhas rapazas e díxo Gumersindo :" Que bonita é a xuventude! e contestoulle Barca :" Sobretodo a feminina!".
Bailaron toda a noite e pasarono moi ben.
O vello mundo de Gumer durou 53 anos e espera que o novo dure outros tantos e que todos o vexades. No vindeiro fin do mundo voltarán a aldea alá en Malpica e antes moitas veces.


Nota do escribidor: Para os que non son da zona, en Malpica hai un complexo turístico que se chama Aldeola, pero como non se pode facer publicidade nos xornais, e as miñas historias mandoas aos xornais, pois disimulo desta maneira. En vez de Aldeola poño a unha aldea alá en Malpica.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo