O importante é a saude

Di Josemi Rodríguez Sieiro, que a lotaría ou un grande premio do azar, toca unha vez por famillia en non sei cantas xeracións.
Cando eu tiña 7 anos, cubrín a miña primeira quiniela, dado que miña nai enganouse cubríndoa e díxome que  cubrira eu outra: unha de catorce quitei .68.000 pstas. aló polo ano 1967, eran bastantes cartos!.Tivemos que ir a cobrala a Coruña, a rúa Santo Andrés. Meus pais e mais eu cando íamos a Coruña sempre comíamos nun restaurante. E aquel día ao cobrar semellante premio, contaba de ir a comer as miñas patacas fritidas con carne estofada. Cal foi a miña sorpresa, cando comemos un bocadillo, menos mal que era de xamón. Queixeime e meu pai díxome:"Non ves que se nos ven entrar ou sair dun restaurante vanse a decatar que temos moitos cartos"Eu non entendía nada. Que pouco premio para tan grande premio. Polo menos mercáronme un tebeo do Capitán Trueno. Cantas veces o lin! Ainda me lembro hoxe del.
E para desdecir a Josemi, eu seguín e sigo a xogar.
Pasaron os anos, coincidín co meu amigo Barca en Italia. Eu tiña un sistema de combinacións para xogar a quiniela. Xogabas con moitas triplas e dobres a base de combinacións(saía moito mais barato), só que non tiñas o 100% de posibilidades de ter unha de 14, pero tiñas unha de 13 e non sei cantas de 12. Cubrímola coa intuición, a moral e a sorte que sempre tiña Barca, pois era un gran xogador! A todo lle daba. Xogar con el, dábache a moral suficiente para gañar, e moitas veces gañabamos.Aquela primeira quiniela con aquel sistema saíunos unha de 14. Sabíamos que o 13 tiñámolo seguro. Mireinas todas, e tiñamos a de 14. Soñamos que xa eramos millonarios. E coma nos, pensaron moitisimos  acertantes. Como son as cousas da vida  volviu a tocar 68.000, pero desta vez non foron pesetas, foron liras, que traducido a pesetas eran 6.800. Que decepción!!
Eu non che creo moito na sorte, nin nas lotarías. Xogo por inercia ao cupón de cegos todalas semanas 2 veces durante todo o ano e tócame a devolución 2 ou 3 veces. A lotaría de Nadal ten 100.000 números coma o cupón, pero a ilusión aumenta neste sorteo, e paga a pena. Eso si! a ilusión sae moi cara!.
Este ano coincidín outra vez co meu amigo Barca e díxome:"Sei dun sitio aló en Vimianzo, donde venden a terminación 59, vamos a mercala!" O 59 é o ano do noso nacemento 1959 e fumos a Vimianzo a mercalo décimo.:"Vainos tocar, xa verás, confía en min, vai ser o noso ano..." díxome. A verdade e que andivemos cerca, moi cerca: a terminación do primeiro premio foi o 58 e a do segundo premio foi o 60.
Bueno hoxe é o día seguinte da lotaría de Nadal e ven sendo o día da saude:"O importante é ter saude". Deixovos que teño cita co especialista en mala sorte, o malasuertologo e depaso voulle facer unha visita ao meu amigo Barca que está ingresado no hospital por unha crise postlotariana.
Boas festas e bon ano!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo