Ovos austerizados

-Buenos días, vengo de parte de Monseñor Rouco.
-Sabía que falabas castelán cando che falaban en castelán. Sabía que falabas galego cando che falaban en galego, pero non sabía o que falabas cando empezabas ti a conversa. Agora xa o sei.
-Me manda el Monseñor Rouco. Soy de los Peares...Bueno son dós Peares. Sempre tiven a ilusión de ser presidente da miña comunidade. Xa de pequeno, mentras os meus amigos fixeron a comunión vestidos de marineritos, frailes e de apóstolo, eu fixena vestido de presidente da xunta de Galicia. Tardei moito en selo, pois un señor de Vilalba ostentaba o cargo.
Gañei as miñas primeiras eleccións prometendo austeridade...
-Tamén prometeches acabar co paro en 45 días. A tasa de paro estaba nun 12% e agora está nun 23%.
-Cando cheguei ao meu despacho, quitei a mesa e as cadeiras carísimas que mercara Touriño e fun a feira de Carballo e merquei unha artesa e unhas banquetas de pino ser vernizar.
-E as cadeiras e a mesa de Touriño, vendéchelas?
-Non, están no faiado. Puxen a venda os Audis e merquei un citroen 2CV de quinta man e pinteino de cor aceiro inoxidable, para blindalo, e nin sequera lle metín radio-cassette, para aforrar.
-E os Audis, vendéchelos?
-Non, están alí no alpendre a carón do Horreo. Merquei unha regadeira de plástico e xabón do Lagarto para ducharme, e fai unha tempada, que teño un pruído, unha comechón nas miñas partes que non me deixa vivir. Fun aos médicos, pero só me dan xenéricos e o outro día tiven un desprendemento cular, uns cólicos, unhas dores de barriga... e chamei a ministra de sanidade e díxome que tiña que dar exemplo, que nada de medicamentos normais e que rezara. Fun a falar co Monseñor Rouco e aquí me tes, a ver se me solucionas o problema.
-Vaste ter que por a cola. Ti non sabes a de centos de miles de persoas queren que lle solucione os problemas: xente sen traballo, xente enferma, hipotecados, desafiuzados...
-Pero e que me mandou o Cardenal Rouco e penso que teño preferencia, que son preferente...
-Non me fales de preferentes, a que liastes os políticos e os banqueiros!!E ainda te atreves a dicir que o 2013 e o 2014 van a ser malos e que por fin no 2015 Galicia escomenzará a medrar economicamente, pero a que hora? por que se é as 12 da noite do 31 de decembro!!Case que esgotando a lexislatura... E nin sequera amosas arrepentemento.
-Pois si, estou arrepentido. Tan arrepentido que nin sequera quería gañar as eleccións. Hasta votei por Beiras. Só que o galego vota PP e agocha a man, e despois non ó votou nin Deus.
-Iso garantizocho eu. Eu non votei ao PP. Eu votei a Beiras.  Cáeme simpático, ten un aire comigo e crese un Deus, pero non ó é, porque existe. Síntoo moito, pero tes que esperar a túa vez. Entrementras douche un consello: non cortes as uñas!!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo