Caso Wert

A ver como vai a facer o Sr.Wert, o noso ministro de cultura, para poñer mestres de castelán nos colexios concertados e privados de Cataluña e das illas Baleares. A ver como fai, se o castelán está en perigo de extinción, a atopar mestres!
Que fixemos para merecer semellantes políticos?  En Galicia non fan falla subvencións do ministro, pois xa se encarga Feijóo de que non se perda unha lingua tan rara.
Mira que dicir que nas tres comunidades históricas e nas illas Baleares non falamos ou non sabemos o castelán! Eso é unha auténtica burrada!Si! Sr. Wert entendémolo, falámolo e enténdennos. Temos acento e estamos moi orgullosos de telo, pero para os castláns-falantes 100% é motivo de risa. Sr. Wert eu dígolle:"Por que non subvenciona aos colexios concertados, privados e públicos de outras comunidades autónomas que falan castelán, pero non hai maneira de entendelos. Que aprendan a vocalizar todas as letras, sílabas e palabras.  Pode que nos enganemos en algún tempo verbal, pero vocalizamos a perfección.
Eu falo e escribo galego, loxicamente como sei, e seguirei a falalo e a escribilo mentras haxa unha persoa que me lea e que me escoite. E se non á hai ,falarei e escribirei diante dun espello!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo