Eleccións outonais


Caen as follas das árbores, caen as follas do calendario e a crise segue medrando. O outono e o tempo non son capaces de eliminala, agroma no medio das follas!. Tempo de eleccións nas tres comunidades históricas. En Galicia non temos recendos de asfalto, pois non hai obras públicas. A vía rápida da Costa da Morte leva tres meses paralizada, pero Feijóo promete reanudar as obras despois das eleccións. A autovía Carballo-A Coruña, que fai uns anos que é autoestrada, mais ben burroestrada ,diría eu, ten o prezo conxelado no tramo Arteixo- A Coruña, pero o tramo Carballo -Arteixo está a baño-maría. E unha autoestrada na que nin sequera as cicloxénesis esas, son capaces de pasar de 100 K/h. E agora bombardéanos a pedradas, pero Feijóo xa dixo que non voltaría a caer outra pedra, polo menos no tramo Carballo-Laracha. Feijóo vendenos os contratos con Pmex e os coches eléctricos, non nos sairá moi cara a ficha co cara que vai a corriente?




Rajoy e Rubalcaba vólcanse en Galicia, pois no País vasco non teñen nada que facer. E en Cataluña ameazan con ser indepiercings, pero van de farol. A rivalidade Barsa- Madrid une mais a España que o sistema democrático, que os partidos políticos e que ningunha outra institución.
Os políticos só pensan no mais inmediato. No voto. Que se senten, dialoguen, pacten... e solucionen de unha vez os grandes problemas que nos acucian, que senón eu, non é que me absteña, vou votar, pois é o meu dereito, é a miña obriga, pero non vou a votar por ningún partido, nin sequera en branco. Vou a votar en negro!.



No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo