Derajoy

O domingo 14 de outubro fun a ver unha obra de teatro dirixida, producida, editada, interpretada... por Cándido Pazó, ao Pazo de Cultura de Carballo.
A obra está basada no Decameron de Giovanni Bocaccio e o argumento transcurre durante a peste bubónica que asolou Florencia no final da Idade Media. Dez mozos escaparon para un Pazo das aforas para fuxir da peste. Alí durante dez días (decameron en grego) cada mozo e cada día contaba unha historia ou conto. En total cen. Loxicamente o Sr. Pazó non as representou todas. Oito foron  as escollidas nas que se metíu co clero, cos banqueiros, cos nobles, cos electricistas de catedrais. Representou historias de ladróns, de namorados, de ciumentos...
Roubounos unha chea de risas, sorrisos, vagoas, aplausos...Eu a verdade que tan só rin unha vez, dende que escomezou ata que acabou, mais ou menos unha hora e media. Nos a el tamén lle roubamos unha cara de satisfación de un traballo ben feito, e todolos compoñentes do público estamos indultados durante cen anos, pois quen rouba a un ladrón ten cen anos de perdón. Este refrán foi fin dunha das historias representadas.
Eu lin entre liñas que Pazó fixo unha alegoría da crise actual. A peste de agora non é bubónica é económica. Quixo lembrar a austeridade de Feijóo ( de aí a butaca toda derruída), quixo lembrar o escorial galego, quixo lembrar os aeroportos para os paxaros, a corrupción, a ineptitude dos nosos gobernantes, aos xenros reales... e tamén lin entre liñas que os dez mozos eran españois, que foron para Alemania e falaron e contaron historias da nosa realidade.
Esta historia de Bocaccio foi a finais da Idade Media e espero que esta actualidade non sexa o empezo de outra Idade Media, de oscurantismo, de falta de dereitos, de amos e servos...
Eu titulo esta historia Derajoy, pois os mozos son españois, se fosen británicos, daquela si, que lle chamaría Decameron!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.