O discurso que non foi


Esta historia que non é unha historia é un discurso dunha cerimonia matrimonial, Encargoullo a unha sobriña miña, outra sobriña miña, que foi a que se casou.A min pidíronme axuda, que lles dera algunha idea e escribín este discurso, do cal foi aproveitado a esencia. Teño que aclarar o que era a Granxa de Corzo. Era unha granxa de vacas na que tamén envasaban leite, nela traballaban o avó da noiva e o avó do noivo. Agora esa granxa e onde está o complexo hípico das Casas Novas, propiedade do Sr Amancio Ortega. Penso que así é mais fácil de entender.

"Fai moitos anos, na granxa de Corzo, coñecéronse un avó e outro avó. Fai uns aniños coñecéronse un neto e unha neta daqueles avós, preto da Granxa, digamos : na provincia da Coruña.
A Granxa de Corzo e o símbolo do poderío económico do Sr Ortega e esperamos que sexa o símbolo da vosa unión.Vamos a pasalo ben nesta cerimonia cerimoniosa, vámolo a pasar de película, na que vos seredes o chico e mais a chica e nos coprotagonistas. Nesta cerimonia ceremoniosa non hai crego, non hai padrenuestro, pero hai algúns padresnuestros, padresvuestros, sogrosvuestros...e demais familia e amigos.Faltarán as hostias (esperamos) pero comulgaremos coas viandas, que vamos a degustar nuns intres, e coa tarta, que en vez de ser nupcial será municipal, xa que vos casa unha concelleira, e non vamos a envexar ao crego botándolle un grolazo de viño ao cáliz, pois nos tamén lle meteremos uns cantos, uns cantos moitos.O que tamén faltará será Hasta que la muerte os separe, pois non queremos que vos pase coma a aquel matrimonio de vellos;el 95, ela 94. El morriu e ao día seguinte morríu ela, e no ceo :"Ai Manolo! non podía vivir sen ti!""Quieta aí o contrato dicía Hasta que la muerte nos separe".Pois iso, queremos que a película do voso amor non teña un final.Queremos que sexa eterno."

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo