Xogos olímpicos

Cando os xogos olímpicos de Munich, nós, os do noso barrio, tamén fixemos os nosos. Todas as disciplinas e modalidades desenroláronse na nosa corredoira, que era o noso estadio olímpico. As disciplinas eran: velocidade, que era corredoira abaixo; maratón , que era corredoira abaixo e corredoira arriba; lanzamento de jabalina, cunha vara; lanzamento de peso, cun cantarolo de dous ou tres kilos; salto de lonxitude, xa sabedes como. Tiñamos por equipos, ademais do futbol, balonmán... o hockey sobre zapatos, os sticks eran cadolos das verzas, con forma de stick e unha pelota verde de Gorila(os zapatos Gorila traían unha pelota de agasallo). Tamén había disciplinas femeninas: salto da corda , a mariola, o brilé e o salto da goma ( que habilidade para enganchar a goma a altura do pescozo dunha compañeira e coidando que non se lle vise a braguiña, pois levaban falda).
Os premios eran medallas, medallas de cascas de pino, que nos mesmos facíamos e tallábamos cunha navalla( eran verdadeiras obras de arte) os buracos facíamolos cunha punta e despois o cordel de atar os chorizos. Había medallas grandes, medianas e pequenas (ouro, prata e bronce). Pasábamolo moi ben.
Iste ano, é ano de xogos olímpicos. España fixoo bastante ben, as medallas que temos son practicamente de mulleres , e moitas delas en modalidades acuáticas(nótase que estamos coa auga ao pescozo).Témolas de todas as cores. Bueno temos unha que non é de ouro, nin de prata, nin de bronce, é de lata, de lata oxidada, acadada por Angelina García Riesgo, que é afillada da Merkel, e que tamén é prima do meu primo Riesgo. Gañouna na modalidade de Puntosbásicos ao acadar 670 puntos.
Non só coñezo a prima do meu primo, tamén coñezo a un campión olímpico daqueles xogos olímpicos de Munich, de salto de trampolín, Pepe Piscinas, un gran conquistador. Cóntase que nunha discoteca coñeciu a unha rubia guapisima, sacouna a bailar e espetoulle:"Queres casar comigo?""Toleaches! se nin sequera nos coñecemos!" "Mellor! xa nos iremos coñecendo, así e moito mais emocionante". Estrela Lanuit díxolle, que si. Foron de Luna de Miel a un hotel de cinco estrelas, que con ela, era de seis. Na piscina, Pepe fixo un salto dende o mais alto do trampolín, con triple salto mortal e entrando na auga en tirabuzón. Estrela toda sorprendida dixo:"Que marabilla!" "E que fun campión olímpico de salto de trampolín! xa che dixen que nos iríamos coñecendo pouco a pouco" Dalí a un pouco ela lanzouse na piscina e fixo dez largos en dous minutos e el extrañado:"Campioa olímpica de natación?""Non ho! prostituta a domicilio en Venecia".
Este día, cando só tiñamos un par de medallas,falando co meu curmán Xoán dos xogos olimpícos, díxenlle:"Que poucas medallas!" e el"Xa temos as copas, para que queres as medallas?"e eu "Para encher as copas!"
A verdade é que estimulei aos olímpicos. Abofé que enchemos as copas!


No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo