De viños co meu curmán

O outro día entrei na farmacia e sorprendín a o meu curmán Xoán pagando unha caixa de Viagra. Quíxoa gardar no peto, pero decatouse que eu me decatara, así que me dixo:"Teño o video da Olvido Hormigos, e agora coa Viagra malo será que o 21 de Outubro non consiga unha erección, pois vai a haber ereccións" eu sorprerndido díxenlle:"Estás enganado Xoán! o que vai a haber son eleccións" ao que el :"Aí van 60Euros no ..., e eso que eran para o ...!"
Eu entrara na farmacia coa man esquerda no meu peito dereito, pois tiña un punto de gases e quería mercar algo para alivialos. E díxome Xoán:"Seica che doi o corazón?" "Non ho! O corazón témolo na esquerda" e el, sorprendido :"Os zurdos tamén?". O meu curmán Xoán sempre vacilando e como eu tamén adolezo deso, pois eso, estamonos vacilando mutuamente e partimonos coa risa.
Despois desta aclaración sigo coa historia, que non é historia, é unha xuntanza de anécdotas de unha tarde de viños. E dixen :"Veño do enterro de Che do Lelo, que Deus o teña no ceo" Ao que Xoán:"Pois eu non me enterei"."Xa sei que non te enterraches e para celebrar que non nos enterramos, nin nos enteramos de nada, convídote a un viño" "Gústame a idea, pero cambiamos de taberna, pois o viño de quí non che me gusta moito"



Pidimos uns albariños(alvaritos, chamaríalle Paco Vázquez)e falamos un pouco de todo.Pregunteille:"Que tal de vacacións?" "Non moita cousa, a crise non che deixa moitas alternativas, xa bo é que estiven nun cruceiro. No cruceiro da Igrexa, vendo a Panorama." "Pois eu funche de voda. Unha voda civil, na que a tarta en vez de ser nupcial, era municipal, pois o crego ,que non era crego, era concelleira do concello.""Xa ves como nos vai a vida: suben o IVE, suben o IVE da cultura un 13%, ata o 23%" e el :"É normal, o que queren os do PP e que nos acerquemos ao seu nivel cultural. Defenden a igualdade. E tamén Feijoo promete menos austeridade e mais crecemento, e non nos van a tocar as pensións, os inmigrantes censados seguirán a ter cobertura sanitaria, temos grandes negocios con PMEX" e eu dinlle a razón:" E todo esto, polo menos ata o 21 de Outubro, día das eleccións"
Ao que Xoán con cara de circunstancias, de nada halagüeña, de nada convencido díxome:" Sabes que eu tamén estou moi triste, e o Madrid non sabe nada" "Pois ánimo, non ten por que gañar o PP. Temos a posibilidade de ter un goberno pentapartito."" Xa ho! e vamos a ter aos de Esquerda Unida asaltando Froizes, Gadis. Claudios... e facendo pic-nic en Casas Novas". "Veña! tomamos outro viño, que está moi bo" "Eso! Que o bo se dobre, dúas veces bo!"

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo