Carballesa de adopción



Nacín na Coruña, traballaba e vivo en Carballo. Só poido falar ben deste pobo que me acolliu e considérame caraballesa.É unha xente encantadora, solidaria, traballadora, emprendedora, comprometida...
Existe o mito de que Carballo e un pobo de moinantes, ainda que é certo que hai moinantes, son unha minoría ínfima. De 30.000 habitantes, só son moinates 1.000 mais ou menos. Eu coñezo moitos deles que son honrrados e traballan.Tamén é certo que os hai que non son honrrados e traballan no turno de noite. Carballo tamén ten bonitas paisaxes, un paseo fluvial invidiable e fermosas praias. Ainda que o areal de Razo non ten por segundo ano consecutivo, a bandeira azul. Pero iso si, a bandeira amarela non hai que nola quite, que xunto co servizo de socorrismo, salvou moitas vidas.
O meu traballo en Carballo está a piques de rematar. Según disques, seiques, ruxe-ruxes o Sr. Rajoy prometíu emprego na campaña electoral, e vai a crear un emprego simbólico, así tipo Chavez, e vai a escoller ao meu xefe,Lelo do Cotobelo, que é albanel en paro, e vaino a nomear ministro, con carteira de Medio ambientación e Reciclación. O meu xefe é famoso por ser un gran reciclador, levaba dez anos usando unha bolsa de territorio vaquero dun centro comercial da Coruña, cuxo nome non quero nomear e que ten apelido inglés. Isa bolsa usabaa para levar a súa ciambreira mentras traballou, xa que agora está no paro. Isa bolsa son eu. Xa vou velliña, xa estou medio rota e agora o meu xefe, coa carteira de ministro, non precisa bolsa. Pedinlle que me encinere, que esparza as miñas cinzas no río Anllóns, pois quero ver o refuxio de Verdes, o estuario do Anllóns e o Monte Branco.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo