Verán, que verán!


Eran dous curmáns, Xosé e Xoán. Naceron na mesma casa a sete metros de distancia e a sete meses, tamén de distancia.Xogaban, ían a escola, rifaban, xogaban…sempre xuntos. E fixeron a comunión... no mesmo traxe.Ïan xuntos a praia de Razo, na súa nenez, na súa adolescencia, na súa mocidade e alí escribían historias curtas, contos…falaban dos seus amores (cada un do seu). Casaron, tiveron fillos… e a vida separounos un pouco, un pouco moito. Un foi para Montemaior e o outro foi para Monte Calvelo. Agora que os nenos xa son grandes, teñen mais tempo para escribir, debuxar e desenrrolar os seus maxíns. O outro día que en Montemaior e en Monte Calvelo había 36º de temperatura, miraron para o Monteneme e nos seus pes había fume, non era un incendio, era bretema, neboa, borraxeira, e telepáticamente e telefónicamente puxéronse de acordo e furon para a praia de Razo, a 16º que maravilla!
Esta foto quiteina dende o trípode formado polos montes Neme, Calvelo e Maior e é unha estampa moi típica de Razo e maxino que de moitas praias do norte de Galicia.Razo é unha praia moi emocionante, nunca sabes como vai a resultar o día. Deparache sabores, sinsabores, e algún que outro amores. Pola mañán e inútil que vaias, esta case sempre anubado ou con neboa. Pola tarde, si!Chegas, un sol radiante, divino, sen unha nube. Respiras o aire do mar. Eres a persoa mais feliz. Estendes a toalla, deitaste e nisto que o Deus Vulcano escupe dúas nubes do Volcán Monteneme. Mirade que é grande o ceo, pois unha delas vaise a por diante do sol. Tes frío e envolveste na toalla e rezas para que veña o vento e a leve.Nisto que o Deus Eolo abre a porta do Nordés e aquela nube desaparece. A area levántase e rebozate coma un bisté. Rezas para que pare o vento… e efectivamente, calma chicha! Estás de maravilla cinco minutos e o Deus Neptuno vota fume do mar e envolvete de neboa. Si, é unha praia moi emocionante, queimas bilirrubina. Eso si, unha semana de vran non hai quen nola quite. Loxicamente a cachos, e de luns a venres, as fins de semana non entran nesa semana.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo