O galo Xenaro


Nos temos un galo, que xa leva moitos anos na nosa casa. Atende e ten contentas a 32 galiñas, todas poñedoras e sempre co sorriso no pico. Pero meu avó pensou que ao galo Xenaro pasáballe coma el. E díxome un día:"Xocas! temos que ir a feira a Carballo a mercar un galo novo para reemprazar ao galo Xenaro, hai que xubilalo." Xubilalo quería dicir, metelo na pota. Eu e mais Xenaro, practicamente criámonos xuntos: eu tíñalle cariño, e el a min tamén, e entendiamonos a perfección. Mercámolo galo novo, moi bonito, maxestuoso, chulo, guapo... . Era o mellor da feira. 10000 pesetas pagou o meu avó por el. Chegamos a casa e metémolo no galiñeiro. O galo Xenaro mirouno de arriba a abaixo. O galo novo mirou a Xenaro de abaixo para arriba e cando se atoparon as súas miradas comprendín que se acababan de retar. Os dous no galiñeiro non podían estar. O galo novo pensou:"Me lo papo!" e Xenaro :"Xa veremos!" Decateime que o reto era unha carreira. E efectivamente ,o galo novo doulle media volta de vantaxe a Xenaro, por chulería, como dicindo :"Ainda así, me lo papo!" Ía correndo o galo novo detrás de Xenaro cando o meu avó espertou da súa sonada e dixo:"Mariconadas no meu curral, non! Xocas! a pota co galo novo.
Gañou a astucia. Ao galo Xenaro só lle faltaba falar.
Esta historia contouma Xocas e eu díxenlle:"E millor que non fale, para que queres que fale? Para que diga mentiras, falsedades, para que sexa igual que moitos de nos. Non, non e non, os animais son mais nobres, leais, legais que moitos de nos. Non te traizoan, dan a cara se teñen que pelexar. En cambio moitos animais racionais son capaces de pegar un tiro na caluga, de prenderlle lume ao monte, de meter un palillo no buraco dunha pechadura...e sempre con noturnidade e alevosía.
E doado amaestrar, domar, educar un animal. O que é imposible e educar a unha persoa que presume de educada.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.