A Deus rezando


Estaba eu axeonllado, rezando para que me baixara a tensión, cando debín chamar a atención do crego don Xesús. Axeonllouse ao meu carón e díxome:"Fai uns días que te vexo neste antro de bendición e é por iso, que ti non me ves na taberna, nese antro de perdición.Levo moitos anos nesta aldea, e a igrexa está sempre medio valeira. Iso si, a capela está sempre chea. Alí comulgan con pincho de tortilla, de zorza ou de outra cousa. E tamén beben viño, non é sagrado, pero seguro que é da Ribeira Sacra. Pensei que con ista crise a xente voltaría a Deus, pero segue co Deus, co Deus Baco. Empecei a dubidar da existencia de Deus. Así que eu tamén empecei a frecuentar a capela. E prometín que se algún dos meus compañeiros de copas viña a igrexa eu deixaría de ir a taberna e que volvería a crer en Deus.Moitas grazas por vir!" contesteille:"Estou aquí grazas a un semideus, un semideus que existe. Que cre que recortando peixes e austerizando pans nos vai a dar de comer a todos.O semideus que nos ía a quitar da crise en corenta días. Un semideus que me receita xenéricos. Eu antes, para a dor de cabeza, tomaba unha pastilla e pasábame, pero agora pásame, pero doime a barriga. Eu antes tomaba un antibiótico e atopábame mellor na segunda dose, agora revéntame a cabeza e revento por abaixo. Tomaba un antiinflamatorio e desaparecíame a dor e agora incho coma unha pataca e non gaño para macelas(manzanillas), por iso practico a mediciña preventiva. Rézolle a Deus e a todos os santos para non ter mal, ou para que me sanden.
Vostede estea tranquilo, Deus existe, se non existise, que Deus sería?. Só que é un ser intermitente: hoxe existe, mañán non existe, pasado si...o que pasa e que todas as desgrazas pasan en días non. Vostede volte a taberna, que é onde mais doutrina pode ensinar, que eu vou a rezar para que o Sr. Núñez Feijoo poña as macelas xenéricas, e na seguridade social."



Esta historia publicáronma na Voz de Galicia edición Carballo o 4-5-2012

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo