Sentimún, Honrradezina e Valoriana!

Cantinflas é denostado por moitos e admirado por poucos, eu son un dises poucos. Gústame o seu xogar coas verbas,a súa maneira de criticar a sociedade actual, o seu humor e a súa retranca. Vou aproveitar algunha das súas anécdotas para facer esta historia.
Vivía sen traballar e tiña unha moza, que traballaba de criada nunha casa particular. El ía a vela todalas noites para cear e para roubarlle algún que outro bico. Ela, unha noite díxolle:"Pero ti non tes idea de casar, de poñernos a unha vida, de ter fillos?" " E para que? Así estamos de puta madre: ti vives nesta casa , trátante ben, gañas uns cartiños e eu veño a cear todalas noites, cunha comida ao día arránxome, total para o que fago!Dasme cartos para tabaco. Que mais se pode pedir?" e ela contestoulle:"Pero ti alma cándida! Nunca, nin por un momento pensaches en traballar?" "Si pero me aguanto de puro macho que soy""Pois vas a ter que cambiar, porque se non, non che vou a dar de cear, nin cha volvo a dar! E non volvas ata que teñas unha casa e unha vida para casarnos e ter fillos"
Así que ao pobre Cantinflas, non lle quedou outra que cambiar de vida. Cun amigo, traballaba de noite na limpeza dun banco. Os dous tiñan un plan nuevenal: vivían co soldo dun e o outro soldo aforrabano, para así ao cabo de nove anos mercar esa casa-granxa na que ía a vivir coa súa dona e, loxicamente, o seu amigo, de criado.
Durmían na mesma cama, tiñan un prato só, unha culler, un garfo, un vaso...ata tiñan un cepillo de dentes para os dous. Vivían con auténticas austeridades, con auténticos recortes, que nin siquera podían ir ao Recorte Inglés.
Estaban unha noite no despacho do director e dixo Cantinflas, sentado no sillón do director e cos pes enrriba da mesa:" Non te creas que ser director de banco e fácil. O director de banco ten unha muller, e loxicamente a muller do director de banco non traballa, loxicamente ten xoias, abrigos de pel, coche, casa na praia, casa na montaña...O director de banco ten fillos, pero loxicamente, os fillos do director de banco non traballan, pois son fillos do director de banco. E o director de banco ten unha querida ou dúas, coas súas xoias, abrigos, coche , pisiño...E cando os cartos non lle chegan mete a man no caixón e todo vai ben ata que se descubre o petate e daquela que fai? Abre el otro cajón, quita una pistola, se la sube a la sien, se la baja a la noventa y nueve...


Esta e unha metáfora-parábola-parabólica do suicidio da banca española. Unha metáfora da realidade española. Sr. Rajoy! Quere que os españois nos arranxemos coa metade? Non se da conta que o consumo caería tamén a metade? O que hai que facer e crear emprego.Meterlle maxín. Traer a man de obra cualificada que emigrou para o extranxeiro. Fomentar o I+D+i. Facer fábricas para construir aeroxeradores pequenos, para por en cada edificio, ao carón das antenas, e así producir enerxía de autoconsumo. Conseguir meter en bombonas o gas metano, que producen as vacas,e así dámoslle nos fuciños a Cristina Kirchner. E sobretodo esixirlle as industrias farmaceúticas, que sinteticen a suor, as vagoas, os medos, os insomnios, unhas pizcas de ética, de moral, de altruismo, de solidaridade, de ansias hipotecarias, de valores humanos... e producir pastillas Sentimún(non son para aumentar o sentido común, son para telo), pastillas Honrradezina e pastillas Valoriana. Todas estas pastillas están indicadas para políticos, banqueiros, especuladores, xenros... e tamén para os que teñen 0,0 de valores humanos.
Ah! E non lle permita ao Sr. Núñez Feijoo receitar xenéricos destas pastillas, por que daquela non fixemos nada!

1 comentario:

Jujobaca dijo...

Este ano con cervexa 0,0, que coa viagra non debo tomar alcol!

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.