Os luns ao sol

Despois duns días de fumar, xogar e beber a conta nosa, decatámosnos que non se decidía a mercar tabaco nin a invitar a unha ronda. Díxenlle:"Non pensas invitar a beber nin a fumar?" "Non ho! eu fago coma meu avó, meu avó tamén facía así". E así dende ese día non fumou, nin bebiu, nin xogou mais. Estábache alí a mirar como nos xogábamos, bebíamos e fumábamos. Alí no bar. No bar onde pasabámolo tempo naquela crise dos anos 80. Loxicamente el era o branco das nosas falcatruadas, pois tiñamos alegría, ilusión...sempre podíamos embarcar ou ir para o extranxeiro.
Non vou a contar todalas falcatruadas que lle fixemos. Só vou a contar unha, e esta contoa porque enlaza un pouco coa historia: Organizamos un alistamento nun barco mercante, loxicamente Ramiro da Pontevella non sabía nada. Un ía de camareiro, outro ía de mecánico, outro ía de cociñeiro...e el preguntou:"Eu poido ir?""Podes ho, pero só queda o posto de capitán. Valeche?" E aceptou. Era domingo, e quedamos citados as catro da tarde do día seguinte, no noso bar, para coller un taxi que nos levase ao porto da Coruña. Estabamos xogando ao billar cando chegou coa súa maleta as catro en punto. Ao ver que nos non tiñamos disposición para embarcar, preguntou:" Volvín a picar?" Asentimos e pedímoslle perdón, e seguimos a xogar ao billar. Eu tiña unha xogada un tanto difícil. Non sabía como tirar e el díxome:"Pica a branca e fala saltar por enriba da bola 14 e daslle ao 2 e metela alí no fondo a dereita". A min parecíame moi difícil, así que lle dixen:"Tira ti". Tirou a bola, saltou por enriba da bola 14 e doulle ao 2 e entrou no buraco. Foise cara o mostrador pidiu unha cervexa, un paquete de tabaco e convidounos a tabaco e pagou a ronda. Así que acabou colliu a maleta, púxose as gafas de sol e dixo marchando:"Tamén sei ser coma o outro meu avó".
Posiblemente Ramiro da Pontevella embarcou nun cruceiro de luxo como monitor de billar e o resto marchamos para o extranxeiro.





A esta historia eu chámolle Luns ao sol, que se fose na crise actual chamaríalle Luns a sombra, mais ben a penumbra,a penumbra que nos producen os recortes e as austeridades. É que é tal a tristura, a desesperación, a desgana que rodea o meu ser, que nin sequera a min se me ocurriu nada para meterme con Rajoy, e non foi para respetarlle os 100 primeiros días.E que son incapaz de meterme con ninguén. Zapatero quitaba coellos da chisteira, Rajoy non é capaz de quitar nin unha pulga dun coello. Zapatero vía gromos verdes, Rajoy non os ve nin negros. Rajoy prometeunos crear emprego como solución a todolos problemas e non creou nin sequera un. Digo así, por que se o creara xa tería saído de portada nos xornais e nos telediarios. El mesmo anunciou a folga xeral e estanos a decir que chegaremos aos seis millóns de parados.
Estamos nun presente indicativo de un pasado casi perfecto, nun presente indicativo que non nos deixa ver nin sequera un futuro imperfecto.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo