Cea de empresa


Este día fun a unha cea de empresa. Unha cea familiar. Unha cea dunha empresa familiar que recentemente foi premiada como tal. Alí erabamos todos iguais, non había uniformes, mandilóns, batas brancas,nin buzos nin monos. Os xefes estiveron campechanos coma sempre departindo e compartindo a festa. Por que foi unha festa, a que eu, estou ledo de ir, pois eu non pertenzo a empresa, pero todolos comensais son os meus compañeiros de traballo.
Homes e mulleres coas súas mellores galas. Os homes parecían condes, duques, marqueses....As donas parecían todas princesas, princesas de todas as cores rosas, verdes, vermellas, lilas, amarelas, azuis (celeste, marino, turquesa...).
Foi unha noite con estrelas e imaxino que había lúa, pois semellaba que eu estaba nela: Tan apoucado estaba!.
O menú consistiu en polbo, croquetas, luras sin su tinta, zamburiñas, unha cazola de rape e un xelado como sobremesa. O viño debía ser moi bo, pois unha compañeira de mesa botoulle unhas gotas a unha laranxada, e non había quen a aturara. Eu non bebín viño, pois o ano pasado xa bebín a cota deste ano. Bebín cervexa semi-alcohólica (Unha cervexa de verdade mesturada con unha sin alcóhol). Quitáronse moitas fotos. Gustoume moito o detalle do mais veterano, un gran entendido da materia, fotografando a unha nai coas súas dúas fillas e dicíndolle :"Volas dúas xuntas non sodes a metade de guapas que a vosa nai". Andiven por alí quitando instantáneas para facer esta foto, e vin a un personaxe raro e fun ao seu carón e díxenlle:"Ti que fas vestido de ra?" e el "Son un sapo esperando que unha princesa me desencante de todas as outras" "Pareceme que te trabucaches de batracio e de conto. O conto do sapo é que unha princesa dalle un bico a un sapo e este convértese en príncipe e o conto da ra é que unha infanta dalle un bico ao seu príncipe e saelle ra" marchou todo mangado e dixo que ía a cambiarse.
Os organizadores trouxeron o AVE, o Cha,ca,chá do AVE. Nel subiron case que todos os comensais. Tamén trouxeron un animador de discoteca. A pista de baile era bastante pequena e a xente era moita, facía moita calor, así que non tardei en marchar.Moitos dos que estaban comigo dixeron que ían a ir a Discoteca A Princesa. Eu non marchei as doce, marchei ás dúas, a hora en que marchan os cenicientos. E fun para donde a miña raiña, para donde a miña bella durmiente.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo