historia do apalpador



Esta historia é para reivindicar a figura ancestral do Papá Noel galego. Vive no Caurel e o día de Nadal baixa das montañas e apálpalle as barrigas aos nenos mentras dormen, e si están desnutridos deíxalle un lote de castañas. É orondo, grande e con barba longa e boina. Din que ten o oficio de carboeiro . Chámase O Apalpador. Esta figura haina practicamente en todas as culturas. Non é un invento do Corte Inglés, nin dos americanos.

"Nun lugar recondito da Galicia profunda, vai moitos anos, os nenos polo día do nadal non recibían agasallos. Por que? pois por que o Papá Noel, que alí había, non tiña o kit de Papá Noel, non tiña a barba branca nin o pucho vermello co pompón branco.

O Papá Noel vía moita tristura nos raparigos, así que lle escribíu unha carta a Papá Noel, pidíndolle o pucho vermello co pompón branco e a barba branca, para así poder desempeñar o seu oficio. Pero como Papá Noel era el, en vez de metela na caixa do correo, metíuna nun peto da súa chaqueta. Adicouse aos negocios e esquenciuse de lela. Fixo unha fábrica de galletas, as galletas Curruquetas. Aquela carta alí encerrada, naquel peto, sufría polos nenos, así que se dixo:"Teño que facer algo. Sentín en algures, que nas montañas de Lugo hai un home gordo, con boina, barba cor castaño, chamado O Apalpador, e que tamén fai agasallos. Así que, como puído saíu do peto, esperou un temporal do suroeste e deixouse ir co vento atravesando montes, ríos e vales en busca do apalpador.

Entre mentras na fábrica de galletas Curruquetas, Papá Noel facía un control de calidade, e dicíalle ao encargado, botándolle a bronca:" A ti que che parece? Así o negocio non da, tanto azucre, tanto mel, tanto anis...estas non son galletas, son pasteis!!. Ti que crees que eu son Papá Noel?" E é nese intre que o apalpador líu a carta e dixo :"Voulle a conceder os desexos ao meu colega regalador" e instantaneamente aparecíulle por arte de maxia a Papá Noel o pucho vermello co pompón branco e a barba branca e o encargado contestoulle, asentindo, si,si! eres Papá Noel!.

E é dende daquela, e grazas ao apalpador, que os nenos de Galicia e de todo o mundo reciben agasallos o día de Nadal. "

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo