Vinte de novembro, eleccións.

O día 20 N , día das eleccións xerais, tiven unha serie de anécdotas curiosas e simpáticas e cóntovolas. Despois de votar fun a comer a un restaurante, cuxo nome non nomearei pois é clandestino. Cando alí cheguei, diante da porta, na beiarúa, había 5 ou 6 persoas fumando, un deles era coñecido meu e saudeino dicindo:"Vou rapidamente para adentro, que aquí fora hai moito fume de tabaco" ¿Quen o diría vai uns anos?¿quen diría que agora cheira mais a tabaco fora ca dentro?. Alí comín comida supergalega de primeiro polbo a grella con grelos e pataca, de segundo arroz cremoso con zamburiñas e grelos e de sobremesa flan de castaña. O flan non tiña grelos.
Estiven seguindo as eleccións, soubose o resultado da enquisa a pe de urna, maioría absoluta do PP. Tiven que sair e pasei por diante da gasolineira, e mirei o prezo do gasoil, como adoito a facer. O gasoil estaba a 133 céntimos. Dalí a unha hora volvín e volvín a mirar o prezo e baixara a 131 céntimos.




Díxenme:"Hostia xa empeza a funcionar o cambio"Seguín a seguir os resultados e alternando a televisión co ordenador, mirando as últimas novas no facebook e nesto que recibo unha mensaxe dun amigo, de Alberte Baña:"Vaite para a cama, que mañá tesme que por o café".Contesteille:"Estou a durmir, só que esquecinme de apagar o ordenador"
E estas foron as anécdotas. E loxicamente non poido facer a menos de reflexionar sobre das eleccións. Eu penso que o PSOE perdíu por maioría absoluta. Agora por fin vamos a ver en que consiste o cambio. ¿Vannos a baixar o IVE, dado que protestaron por a súa subida?¿Van a desconxelar as pensións?¿Vanlle devolver o poder adquisitivo aos funcionarios, dado que protestaron polo recorte? Eu penso que nos van a dar traballo, como promete o Sr. Rajoy. Mais horas de traballo. Mais días de traballo. Si! teremos que traballar os sábados pola mañán. E seguramente teremos que ir a misa os domingos e escoitar o Ángelus as 12 da mañán!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo