Concerto con certo..Carlos

Este pasado fin de semana empezou o outono. Unha boa maneira de empezalo en Carballo, foi indo ao concerto de risas, sorrisas e risadas do actor-cómico Carlos Blanco, celebrado nunha cervezaría da capital de Irlanda, quero dicir nunha cervezaría da capital de Bergantiños.
Bueno as risas, sorrisas e risadas puxémolas nos o público. Un público moi preparado, pois estabamos ao día de todo, para collerlle as gracias a Carlos. El dirixiunos coa bubucela, pois un dus temas foi o mundial de Sudáfrica, coa gaitiña galega, coa sua lingoa, xestos, chistes, anécdotas, historias, contos e cantos.


Non estivemos un segundo sen un sorriso, nin un minuto sen un riso, nin cinco minutos sen unha risada. E así durante unha hora e media, que co bis foron dúas horas.
Nese tempo esquezémosnos da crise, dos políticos, dos programas lixo da tele. Bueno de todo non, pois el lembrábaos de cando en vez, pero nos riámosnos de todos eses problemas.
Nun punto da actuación nombrou ao seu irmán Alberto, para contar una anécdota no Campus de baloncesto, en Vilagarcía, e eu lembreime que eu falei por teléfono con Alberto Blanco, para inscribir ao meu fillo. Acabado o Campus, o meu fillo díxome que vira a Carlos Blanco co seu fillo Lois, na Fontecarmoa. E eu , uns días despois, escoitei na radio galega, que Alberto era irmán de Carlos Blanco e que era o másimo responsable de todas as seleccións de baloncesto de Mozambique. Fixéronlle unha entrevista e lémbrome que lle preguntaron se vira algún galego en Mozambique e el contestou:"Non, levo pouco tempo e ainda non vin ningún galego. O que si vin foi atún Calvo nun Supermercado".
Sería un bo colofón do concerto que Carlos soubera desta anécdota e a contara en Carballo.
Facer rir, non é doado. É moito mais difícil que facer chorar. E nos choramos coa risa, que é moito millor e mais doado que rir da chora.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo