Non sono un italiano!

Xa dixen en algunha ocasión, que estiven en Italia de emigrante. E quedei encantado, e un país que me gusta moito, sobre todo a comida e a música.
Este día fun ao Centro Comercial Marineda e comín en Muerde la pasta. Que inmensidade de local! Debe de ter medio quilómetro cadrado de superficie. Hai infinidade de pratos italianos e podes comer de todo e de todo o que queiras, polo mesmo prezo. E todo isto adobado con música italiana ¿Que mais podía pedir?. Comín gnochi, ravioli, tortellini, lasagna, cannelloni, pizza, bacalá, soglia, polo ai quattro formaggi, pasta al forno e infinidade de sobremesas.
Mentras comía, escoitaba a música. A un certo punto escoitei unha canción titulada "Io ti daró di piú" (dareiche mais) de Memo Remigi, un cantante moi popular nos anos 60-70 e lembreime que eu coñecino. Invitouno a cear a miña xefa, pois eran amigos da infancia e tocoume servilo a mesa (eu era camareiro) e a xefa díxome:" Usa a cafeteira de prata para servirlle o café, e que estea ben quente". Todos sabedes que a prata é un gran conductor de calor. Eu dende esa noite, tamén. Non só a cafeteira era de prata , tamén o era a agarradeira. E a pesares das lubas de comunión (chamáballe eu así as lubas de camareiro) que eu levaba, aquelo mordíame os dedos. E menos mal que só tomaba café solo o Memo ese.
Outra das lembranzas que tiven foi ao sentir a canción Volare de Doménico Modugno ( na Costa da Morte era coñecido polo O Médico de Buño). O título orixinal de Volare era Nel blu dipinto di blu (no azul pintado de azul) pero o público rebautizouna con Volare e o curioso é que a seguinte canción de Doménico titulouna Piove (chove) pensando que o público quería títulos curtos, pero rebautizarona con Ciao, ciao bambina (Adios, adiós nena). Eu seguín a comer e nesto que sinto a canción Tu vuó fa l´americano ( queres ser americano) a orixinal de Renato Carosone. Unha versión disco estivo de moda fai dous anos. O argumento e moi simpático e é moi semellante a un conto do noso Carlos O´Xestal. Resulta que chega a aldea, despois de moitos anos, un retornado da Arxentina e atópase cun coñecido, que lle pregunta:" E logo ¿que tal por aló?" "Allá no es como acá, allá no se anda con los zuecos enforjuallados de buesta por los corrales, ni con las vacas entre los togos" "¿E cando viñeches?" " Recien lleje onte" " E logo ¿para onde vas?" " Me voi pala tabierna a tomarme una cuenca de vino de Ribiero con los amijos". Na canción e no conto a lección é a mesma, non se pode deixar de ser o que se é.
Acabei de comer e fun a pagar, practicamente tiven que andar medio quilómetro ata a caixa, e díxenlle ao caixeiro:" case que xa fixen a dixestión con esta andada". e contestoume:"Se queres volver a comer mais, podes". E volvín, comín un bo xelado e sentín a canción O sole mío, a mais preciosa canción napolitana. E pensei:"Este vran, o sol tennos abandoados".



Seguramente Feijoo contratou ese mogollón de nubes, para aforrar en extinción de incendios e non me extrañaría que ademais cantase na ducha para que chova. Pero, unha de dúas ou non canta coa suficiente sensibilidade como para facer chorar as nubes, ou canta pouco, pois hai que aforrar auga, pola seca.

A canción que me parece que canta Feijoo é Ansiedad só que con outra letra: " Austeridad, la de ahorrar con mis manos, recortando en gastos sin dolor. Austeridad..."

Pero ánimo unha semana de verán non hai quen nola quite, que se quentase o sol pola noite serían dúas. Eso si, non seguida, seguida non... a cachosss!!.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo